martes, 26 de marzo de 2024

AS MIÑAS MANS

 As nosas mans transmiten moitísima información. O sentido do tacto é un dos primeiros transmisores de experiencias e aprendizaxes que temos. 

Mediante experiencias sensitivas, cancións e ditos populares  estivemos a coñecer máis esta parte tan importante do noso corpo.

Entre as propostas desta semana especial tivemos novas bolsas sensoriais e unha caixa de tesouros coas que estimulamos o sentido do tacto.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 25 de marzo de 2024

SAN XOSÉ

 Este pasado venres tivemos festa no cole. Estivemos festexando o Día de San Xosé,  o patrón do centro.

Tivemos unha bonita festa no patio e veu  a visitarnos a nosa mascota, que se chama Pepe!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 22 de marzo de 2024

jueves, 21 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe, 21 de marzo, é o Día Internacional do Síndrome de Down. 

Para dar visibilidade a este día viñemos o cole con calcetíns diferentes apostando así pola diversidade. Porque todos somos diferentes, e esas diferencias son as que enriquecen o mundo.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


A MIÑA CABEZA

 Grazas o conto "O meu corpo" de Ivanke y Mey comezamos a coñecer mellor o noso corpo.

Comezamos pola cabeza e a cara e mediante cancións e xogos pouco a pouco adquirimos máis vocabulario e conciencia do propio corpo. 

Aquí vos deixamos fotos dunha das actividades máis divertidas. Cun espello puidemos ver a nosa cara e cabeza e a dos compañeiros e compañeiras, sinalar as suas partes e practicar a imitación de xestos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



viernes, 8 de marzo de 2024

BOLSAS SENSORIAIS DO INVERNO

Con xeo, espuma de afeitar e pompóns armamos estas divertidas e invernais bolsas sensoriais que nos axudan a estimular o sentido visual e táctil,  focalizar a atención, estimular os movementos motrices da man, aumentar o vocabulario...

E neste caso caso concreto traballamos a sensación de frío coa bolsa de xeo, e texturas cos pompóns e a espuma.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


miércoles, 6 de marzo de 2024

XOGOS CON "BOLAS DE NEVE" DE PAPEL

 En inverno a psicomotricidade vólvese aínda máis divertida.

Para estimular o movemento temos novos elementos que chaman a atención dos peques. Son materiais moi sinxelos de facer pero que os motivan moitan.

Aquí vos deixamos dúas das actividades que fixemos reutilizando as "bolas de neve" feitas con papel.

A primeira consistiu en sacar bolas que estaban atrapadas nunha caixa transparente. A segunda en meter as bolas atrapadas na caixa transparente nun boneco de neve que estaba triste porque non tiña neve dentro.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


AS MIÑAS MANS

 As nosas mans transmiten moitísima información. O sentido do tacto é un dos primeiros transmisores de experiencias e aprendizaxes que temos...