lunes, 29 de noviembre de 2021

CANTO COME O POLO PEPE!

 Seguindo coa programación adicada ao famoso polo tivemos novas actividades e incluso unha visita moi especial!

O mesmísimo Polo Pepe veu a visitarnos e puidemos tocalo e falar con el. Ademáis veu acompañado dunha pelota tan grande coma el coa que fixemos exercicio.

Outra das actividades consistiu en darlle de comer millo ao polo por un pequeno burato no seu peteiro traballando así a psicomotricidade fina.


 Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 19 de noviembre de 2021

O POLO PEPE

 Nestes últimos días estivemos a traballar unha das nosas programacións favoritas... O POLO PEPE!!

Aquí vos deixamos as actividades artísticas do noso proxecto.

Pintamos un Polo Pepe de xeito individual e pegamos, en grupo, papeis de cor amarelo nun gran polo.


 Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

DÍA EN PIXAMA!!

 O 20 de novembro celébrase o día polos dereitos dos nenos, así que hoxe dende Casa do Neno decidimos apoiar este día dun xeito especial... todos en pixama!! 

Para os nenos e nenas o momento do pixama, conto e durmir é un dos mellores momentos do seu día a día, por iso queremos recordar, con este sinxelo xesto, que tódolos nenos e nenas do mundo teñen dereito a unha familia e un fogar onde poder pasar momentos tan fermosos coma este.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


lunes, 15 de noviembre de 2021

CAEN AS FOLLAS!!

 Unha actividade que nos encanta facer no outono é xogar coas follas. Primeiro presentamollas deixando que as ulan, que as manipulen... 

Despois xogamos todos xuntos lanzandoas ao aire, pisandoas, poñendoas na cabeza... 

Outra actividade que fixemos foron as bolsas sensoriais cos diferentes froitos do outono. 


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



lunes, 8 de noviembre de 2021

XOGAMOS COAS COLCHONETAS.

 En psicomotricidade xogamos coas diferentes colchonetas as cales nos ofrecen unha amplia variedade de movementos e actividades:  pasamos por dentro, subimos, baixamos, rodeamos, tirámolas, empurrámolas...

PASÁMOLO XENIAL!!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


O OUTONO.

 En estes días estivemos a traballar o outono a través de diferentes actividades e xogos. 

Decoramos a clase pintando coas mans, coñecemos e manipulamos algúns froitos típicos de esta estación do ano...



                                                     Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


EXPERIMENTO COA EIRUGA LARPEIRA.

 Chegou a primavera e con ela temos cambios na nosa contorna que non pasan desapercibidos por nós.  Para coñecer esta estación tan colorida ...