viernes, 29 de julio de 2022

BO VERÁN!

Despedimos este curso tan especial cun gran sorriso.

Desfrutamos moito de todo o que fixemos e queremos darvos as grazas polo voso acompañamento e colaboración o longo do curso.

De parte de todo o equipo de Casa Do Neno esperamos que pasedes un bo verán. Vémonos de novo en setembro!



jueves, 28 de julio de 2022

LUZ E COR.

 Hoxe fixemos unha actividade moi, moi chula: xogamos e experimentamos con lanternas e botellas de cor.

Fíxonos gracia observar como se podían ver círculos de luz no teito e como se reflectía a cor das botellas no chan. Mirade o ben que o pasamos!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 22 de julio de 2022

AUGA DE CORES.

 Estivemos a facer unha actividade moi interesante e divertida que consiste en meter papel pinocho de cores nunha botella de auga para que así esta colla a cor do papel: metemos o papel, pechamos a botella e sacudimos forte vendo como pouco a pouco a auga vai collendo cor.

Con esta actividade traballamos a psicomotricidade fina e as cores mentras experimentamos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 15 de julio de 2022

TEMPO DE LECER!!

 Estes días intentamos disfrutar o máximo o bo tempo saindo mooooito o parque. Encántanos  sair a fora correr, saltar, baixar polo tobogán... e ata comer a galleta. 


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...