lunes, 25 de abril de 2022

CONTOS.

 Hoxe visitounos no cole a mamá de Enzo Cela para lernos o seu conto preferido, e como non... gustounos un montón. Pasamos un ratiño xenial na súa compañía.




viernes, 22 de abril de 2022

ANIMACIÓN Á LECTURA.

Esta semana fixemos un montón de actividades relacionadas coa  Animación á Lectura.

 Entre outras contacontos, visitas de papis e mamis, un marcapáxinas moi molón, etc.

Aquí vos deixamos un popurrí de fotos para vexades o que desfrutamos desta semana tan chula.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

miércoles, 20 de abril de 2022

LEMOS UN CONTO?

Como xa sabedes esta semana estámola dedicando a animación á lectura. Hoxe sorprendeunos a mamá de Mateo con unha visita ao cole para lernos un conto. Gustounos un montón! 





lunes, 18 de abril de 2022

ACTIVIDADES PLÁSTICAS DA PRIMAVERA.

 Para traballar a psicomotricidade fina en primavera, entre outras actividades, temos as plásticas que consisten en pegar anaquiños de papel de diferentes texturas, gomets e pintar.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

CONSTRUÍNDO.

 Nas sesións de psicomotricidade pasámolo sempre xenial pero nesta ocasión fixemos algo diferente.

Temos no espazo de psicomotricidade unhas caixas de cartón con diferentes tamaños que nos serviron para facer torres moi, moi altas. Facelas gústanos pero sen dúbida o que máis nos divirte é tiralas, case non podíamos esperar a que estiveran rematadas!

Con esta actividade ademáis de psicomotricidade grosa traballamos conceptos como arriba, abaixo e grande , pequeno ademáis da capacidade de espera.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


A NOSA PLANTACIÓN.

 Co comezo da primavera aproveitamos para falar un pouco das plantas e do que precisan para medrar.

Unha boa forma de velo é facendo a nosa propia plantación na aula, así que nos puxemos mans a obra e plantamos en vasiños transparentes unhas lentelliñas e unhas fabas. Regando pouco a pouco fumos vendo o seu crecemento.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



miércoles, 6 de abril de 2022

AS NOSAS MANS.

 Outra das partes que traballamos son as mans.  Deixámosvos unhas fotos dunha das actividades que máis nos gustou, pintar libremente coas mans. Como podedes ver desfrutamos moito!!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

lunes, 4 de abril de 2022

OS NOSOS PÉS

 Na nosa programación "Aquiles, o puntiño" traballamos as diferentes partes do corpo, entre elas os pés. 

Aquí tendes algunhas actividades que fixemos para coñecelos e que, por certo, nos encantaron. Masaxes con pinceis, pintar cos pés e camiñar por unha alfombra sensorial entre outras.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...