jueves, 27 de abril de 2023

INSTALACIÓN COAS CORES DA EIRUGA LARPEIRA.

 O luns atopamos no cuberto unha nova instalación. A nosa eiruga favorita veu cargada de diferentes obxectos vermellos e verdes, como ela.

Mediante papeis, globos, aros, caixas, pelotas, túneles, etc., invitounos a xogar e a movernos por todo o espazo para descubrir cada rincón e non deixamos nada no seu sitio. 

Mediante esta actividade traballamos motricidade, conceptos e normas dun xeito lúdico e atractivo para os nenos e nenas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



 



lunes, 24 de abril de 2023

ANIMACIÓN A LECTURA.

 O domingo 23 de Abril foi o Día do Libro.  No cole estamos aproveitando esta ocasión para fomentar o gusto pola lectura.

Para comezar pintamos un marcapáxinas que levamos como recordo para casa. 

Tamén recurrimos a nosa biblioteca de aula para mirar e manipular de forma libre os libros que temos. Aproveitamos esta actividade para traballar tamén a importancia do coidado dos libros.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 21 de abril de 2023

CHEGOU O BO TEMPO!

 Durante esta semana tivemos a sorte de disfrutar do bo tempo. Non podíamos dedicar pasar este acontecemento e, con moita ilusión, saímos a disfrutar, xogar e correr no parque. Nas nosas caras podedes ver o ben que o pasamos!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


lunes, 17 de abril de 2023

CHEGOU A PRIMAVERA!

Por fin chegou! Tiñamos moitas ganas! A primavera xa está aquí!
Como non podía ser de outro modo o esquío Nim quería que a súa casiña lucira primaveral, así que nos puxemos mans a obra e deixamos así de bonitas as dúas árbores.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


EXPERIMENTO: EIRUGAS QUE MEDRAN.

 Comezamos a nosa programación  "Unha eiruga moi larpeira"! Este conto vainos axudar a coñecer, coa axuda de Nim, a primavera e as froitas.

Unha das actividades que máis nos gustou, nestes primeiros días, foi este experimento.

Con papel de cociña as profes fixeron pequenas eirugas que prometeron que medrarían.  Para que eso pasase só lles tiñamos que botar unhas pintas de auga. 

Ademáis esperábanos outra sorpresa! Ao medrar puidemos ver que cada eiruga era dunha cor diferente!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo coa experiencia.

Premede sobre o vídeo para velo.



VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...