viernes, 28 de octubre de 2022

UNHA SEMANA MONSTRUOSA.

Estáse a achegar o Samaín. Unha festa na que as meigas, monstros, mórcegos, cabazas... son os protagonistas.
Por iso esta semana achegámonos un pouquiño a este festexo con diferentes actividades.
Fixemos de pantasmas, pintamos unha gran cabaza que se convertiu en morcego e estampamos as nosas mans para facer unhas arañas terroríficas.
O máis importante é que disfrutamos moito.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

 

lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

 Hoxe é o Día das Bibliotecas (24 de outubro), así que , para festexalo, nada mellor que botar man da nosa biblioteca de aula para pasar un bo ratiño vendo contos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 21 de octubre de 2022

PROVOCACIÓN DE OUTONO

 A nosa primeira provocación pedagóxica deste curso veu da man do esquío Nim, que nos preparou esta actividade tan chula chea de cores e elementos típicos do outono.

Con esta provocación movémonos polo espazo do cuberto para descubrir follas, cabazas, mini árbores, piñas e bolsas sensorial con castañas, landras, millo e noces.

Non quedou nin rastro da forma coa que comezou a actividade, todo quedou fora do seu lugar porque o desfrutamos moito.

Os nenos e nenas foron pouco a pouco descubrindo todo o que alí había. Podemos ver caras de sorpresa, alegría...e acuden a nós para ensinarnos tódolos elementos que van atopando.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


FROITOS DO OUTONO

 A mellor forma de aprender novas cousas é polos sentidos.De esta maneira podemos obter moita información do mundo que nos rodea.

Por iso moitas das actividades teñen ese compoñente sensorial. 

Neste caso usamos os sentidos para coñecer algúns dos froitos do outono: castañas e os seus ourizos, landras, noces, millo...

 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 14 de octubre de 2022

CAEN AS FOLLAS.

Comezamos coas nosas sesións de psicomotricidade cunha actividade que invita ao movemento, xogar coas follas do outono.
Nim invitounos a escoitar o seu ruido e velas. Observar uns segundos e despois xa todo foi xogo e diversión. 
Collemos, rachamos, lanzamos, ulimos, puxémolas de sombreiro... moitas posibilidades para un recurso natural, propio desta época do ano, que vemos tódolos días nas nosas rúas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



viernes, 7 de octubre de 2022

COÑECEMOS AO ESQUÍO NIM.

Esta semana chegou as nosas aulas unha persoaxe moi particular. 
Trátase do esquío Nim que ven a ensinarnos moitas cousas do outono e quedarase todo o curso con nós.
Limos o seu conto "El otoño ya está aquí" de Albert Asensio e xogamos con ela un rato. É moi suaviño e rimos moito coas súas bromas e cóxegas.
Para que estivera cómodo as profes fíxéronlle unha casiña que decoramos con landras, castañas e follas pintadas por nós.
Tódolos días saudamos a Nim antes do conto e está moi contento de ver a súa casiña tan bonita.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

EXPERIMENTO COA EIRUGA LARPEIRA.

 Chegou a primavera e con ela temos cambios na nosa contorna que non pasan desapercibidos por nós.  Para coñecer esta estación tan colorida ...