viernes, 21 de octubre de 2022

PROVOCACIÓN DE OUTONO

 A nosa primeira provocación pedagóxica deste curso veu da man do esquío Nim, que nos preparou esta actividade tan chula chea de cores e elementos típicos do outono.

Con esta provocación movémonos polo espazo do cuberto para descubrir follas, cabazas, mini árbores, piñas e bolsas sensorial con castañas, landras, millo e noces.

Non quedou nin rastro da forma coa que comezou a actividade, todo quedou fora do seu lugar porque o desfrutamos moito.

Os nenos e nenas foron pouco a pouco descubrindo todo o que alí había. Podemos ver caras de sorpresa, alegría...e acuden a nós para ensinarnos tódolos elementos que van atopando.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A NOITE MEIGA.

 Esta noite é a noite de San Xoán, a noite meiga por excelencia. E para festexalo no cole seguimos unha das súas tradicións... saltar a cach...