viernes, 30 de junio de 2023

LUCES DE CORES.

 O outro día as profes dixeron que tiñan unha sorpresa para nós. Colleron as bolsas das lanternas, un reproductor de música e, despois dunha viaxe no ascensor do cole, subimos todos xuntos ata o corredor de arriba. 

Pecharon as persianas, puxeron música e comezaron a repartir as lanternas.

 Pero desta vez algo era diferente! As lanternas emitían luz, pero eran luces de diferentes cores! Unhas amarelas, outras azuis, outras verdes e outras vermellas. 

Disfrutamos apuntando a luz a todas as partes, vendo como se mesturaban no teito, no chan ou nas paredes, e bailando coa música! Luces para arriba, luces para abaixo, luces para os lados... E risas, moitas risas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




jueves, 29 de junio de 2023

UNHA INSTALACIÓN CHEA DE CORES!

  Seguindo coa programación, enfocada no conto "Colores" de Hervé Tullet, as profes prepararon unha nova instalación chea de diferentes materiais de moitas cores (papeis con diferentes texturas, aros, botellas de cores, vasos...) .

Con esta sesión traballamos a motricidade tanto grosa como fina, conceptos como arriba e abaixo, cores, dentro e fora... e todo esto xogando e investigando! 

Coma sempre, nada quedou no seu lugar inicial pero disfrutamos moito do colorido e dos diferentes materiais dispoñibles.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 






viernes, 23 de junio de 2023

SALTAMOS A CACHARELA DE SAN XOAN.

 Hoxe festexamos o San Xoan no cole saltando unha pequena cacharela no cuberto. 

Esperamos tranquilos o noso turno, tomamos impulso e...plas! Cacharela superada!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


martes, 20 de junio de 2023

EXPERIMENTO E XOGO CON LUCES E CORES.

 Temos nova programación da man do conto "Colores" de Hervé Tullet. Este conto invítanos, dunha maneira moi divertida, a xogar e experimentar coas cores. 

Unha das actividades é este experimento que fixemos nas nosas aulas. 

Temos, por un lado, unha botella de auga e, polo outro trociños de papel crepé de cores. Que pasará cando metamos o papel na botella? E se a axitamos? 

Quedamos sorprendidos co resultado!

E co resultado do noso experimento aproveitamos, outro día, a xogar na escuridade coa axuda das nosas lanternas. Transportamos dun lado ao outro as botellas, fixemos algunhas construccións con elas, achegamos a lanterna...


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

viernes, 16 de junio de 2023

ENCHEMOS O TÚNEL.

Nas sesións de psicomotricidade facemos diferentes actividades. Desta vez tocou encher de pelotas o noso túnel de espuma.

O túnel estaba colocado nunha punta do cuberto mentres que a piscina de bolas estaba no outro lado, polo que, para enchelo, tivemos que ir ata a piscina, subirnos no borde para coller as pelotas e volver a camiñar ata o túnel. Cando estabamos xunto o
túnel tivemos que estirarnos para meter dentro as bolas.

Foron mooooitas viaxes dun lado a outro para encher o túnel e, unha vez casi cheo, levantamos un dos lados e toooodas as pelotas saíron rodando! Que gracia nos fixo!

Como nos gustou tanto repetimos unhas cantas veces máis. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


martes, 13 de junio de 2023

DESCUBRINDO SABORES.

 A eiruga o que máis lle gusta comer é a froita. Come todo tipo de froita e nós probámola tamén con ela. 

Descubrimos sabores, texturas e olores novos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 2 de junio de 2023

AXUDANDO A EIRUGA.

 O outro día atopamos a eiruga un pouco preocupada. 

Resultou que tiña moooooita fame e non era capaz de atopar as froitas que quería porque estaban nunha caixa con moitas pelotas. Así que axudámola separándoas en diferentes  caixas.

Recorrimos varias veces o cuberto, dunha punta a outra, para poder levar a cabo o noso cometido pero, entre todos, conseguímolo! A eiruga quedou moi, moi contenta.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...