jueves, 25 de abril de 2024

VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole. 
Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tendes a oportunidade de achegarvos un momentiño o cole para contarnos un conto, e estamos recibindo moitas visitas que fan destes días algo especial e diferente.
Agradecemos moito a vosa colaboración!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Este martes, 23 de abril, celebrouse o Día do Libro. Por este motivo no cole estamos a celebrar a Semana de animación á lectura. Baixo o lema "Entre letras e culturas"  achegámonos ao mundo dos libros e contos. Un mundo máxico que nos atrae, transporta, ensina...

Aínda que a lectura está presente diariamente nas nosas aulas, esta semana estamos a facer actividades diferentes coas que gozamos dos libros.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 19 de abril de 2024

EXPERIMENTO COA EIRUGA LARPEIRA.

 Chegou a primavera e con ela temos cambios na nosa contorna que non pasan desapercibidos por nós. 

Para coñecer esta estación tan colorida o esquío Nin trouxo a unha amiguiña pequena e tipica deste tempo. Falamos de "Unha eiruga moi larpeira" e, como o seu nome indica, esta eiruga ten moita fame. No conto podemos ver como a eiruga crece moito despois de comer e comer así que, para ver de primeira man como crece,  fixemos este experimento. 

Para comezar observamos que había  moitas eirugas de cores. Eran pequenas e estaban quietiñas. Cun par de gotas de auga as eirugas crecían e movían un pouco o seu corpo. Quedamos abraiados!

Fumos moi pacientes esperando o noso turno e observamos como os compañeiros botaban a auga e como reaccionaban todas as eirugas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



viernes, 12 de abril de 2024

A SILUETA

Esta actividade tan sinxela sorprendeunos moito!
Tratábase de debuxar a silueta de un de nós en papel continuo para despois añadirlle as partes da cabeza e cara. Así fumos repasando  estas semanas  de xogos e aprendizaxes.
Por último coas ceras dímoslle o noso 'toque' e puxemos a silueta na parede da aula onde a saudamos cada día. 
Para ver máis fotos pinchade na imaxe,.


viernes, 5 de abril de 2024

OS MEUS PÉS.

 Seguimos a coñecer máis o noso corpo.

Desta vez os protagonistas foron os pés. Toda a semana estivemos descalzos: observando, tocando e sentindo os pés. 

Cóxegas con pinceis, unha alfombra sensorial chea de diferentes texturas e un camiño de pintura polo que camiñamos, foron  algunhas das actividades que nos acompañaron nesta ocasión.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...