viernes, 23 de febrero de 2024

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, 23 de febreiro, é o Día de Rosalía de Castro. 

Para homenaxeala adicamoslle as actividades deste día. 

Comezamos por coñecela mediante unha foto que máis tarde decoramos pegando gomets de diferentes cores e formas.  Tamén escoitamos e bailamos o seu poema, feito canción,  "Adiós ríos,  adiós fontes" e relaxámonos escoitando a cancion "Rosalía pequeniña".

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


O PINGÜIN FAMENTO

 O outro día achegouse a clase un personaxe que viña cunha fame tremenda!

Tratábase dun pingüín que necesitaba a nosa axuda para poder comer. E nós,  que somos moi dispostos, non dudamos e botarlle unha man. Ou as dúas se era necesario!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


UNHA PROVOCACIÓN XEADA!

 Unha das actividades que máis nos gustan son os trasvases e, como estamos traballando o concepto e a sensacion de frío, nada mellor que unha provocación pedagóxica con posibilidade de trasvases e cubos de xeo. 

Para esta provocación escollimos moitos obxectos de metal xa que, ademáis de que trasmiten o frío,  ofrecen un sonido dieferente ca o resto de materiais.

Tocaron, manipularon, encheron e baleiraron os distintos recipientes, fixeron moitísimo ruido... e descubrimos que, pouco a pouco, o xeo vaise convertindo en auga!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 16 de febrero de 2024

INSTALACIÓN DE INVERNO

 A sorpresa é unha boísima ferramenta que nos axuda a introducir os nenos e nenas nunha actividade. 

Neste caso tapando a zona de aprendizaxe conseguimos que se interesen, espertamos a súa curiosidade, as ganas de saber, de ver, de tocar....

E cando chea o momento de descubrir todo é movemento, xogo, descubrimento... 

As instalacións son unha das actividades que máis disfrutan. E canto máis desfeita queda significa que non quedou oco sen mirar nin cousa sen mover. 

Mediante texturas varias, bolsas térmicas e outros elementos imos descubrindo o inverno.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 9 de febrero de 2024

VIVIMOS O ENTROIDO.

 Nada mellor para entender unha festa popular como o Entroido que vivila en persoa.

Para eso esta semana estivo chea de actividades relacionadas con esta divertida festa. Ademais do mandatos da nosa Meca particular tamén tivemos acción nas aulas!

Un baúl cheo de disfraces e accesorios e unha provocación  con elementos típicos do Entroido foron algunhas delas. E vaia se o disfrutamos!!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 5 de febrero de 2024

CHEGOU A MECA!

 Xa está de volta a Meca no cole. Cada ano, polo Entroido, ven para divertirnos!

Como de costume temos que cumplir os seus mandatos. Así disfrutaremos destes días diferentes! 

O luns calcetíns por fora e de diferente cor.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

O martes mandilóns ou roupa do revés. 
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

O mércores un mandil. 
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 
O xoves algo vermello.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 

E rematamos o venres cun disfrace sobre o cine!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




viernes, 2 de febrero de 2024

XOGAMOS CON NEVE.

 Auga e sal, unha receita sinxela para unha actividade sensorial moi divertida.

Botamos o sal nunha bandexa, regamos cun pouquiño de auga ben fria, mesturamos e... neve!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...