viernes, 25 de noviembre de 2022

XOGO CON BLOQUES DE CARTÓN.

 Entre as actividades de psicomotricidade temos unha que nos encanta. Cos bloques de cartón que temos no cuberto , e que aínda non descubriramos, tivemos unha actividae moi divertida. Despois de investigar un pouco, ver que temos bloques de diferentes tamaño e xogar con eles individualmente, puxémonos a tarea de contruír unhas enormes torres. Algunhas caían antes do que nos queriamos pero outras chegaron tan altas que xa non eramos capaces de poñer nin un bloque máis. 

Pero sen ningunha dúbida o máis divertido era que senon caían no proceso podíamos tirala ao acabar e destruír é unha das nosas actividades favoritas!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 18 de noviembre de 2022

O POLO PEPE COME MOOOOOITO!!

 Outra das actividades que realizamos co Polo Pepe é darlle a súa comidiña preferida. 

Primeiro miramos e manipulamos as espigas de millo, sacamos os grans e despois damoslle de comer ao poliño, traballando asi a psicomotricidade fina, sobre todo o movemento da pinza cos dedos, e a coordinación ollo-man.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


DÍA MUNDIAL DA INFANCIA.

 Este domingo, día 20, é o Dia Mundial da Infancia. 

No cole celebrámolo hoxe vindo todos en pixama. O pixama simboliza o dereito que tódolos nenos e nenas do mundo teñen a unha familia e un fogar, xa que o momento do pixama e a rutina do día a día que máis reflexa o estar en familia.

Foi moi divertido vernos a todos en pixama. Que guapos!!!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


 

viernes, 11 de noviembre de 2022

PSICOMOTRICIDADE CON PEPE.

 Este polo anímanos a facer moitas cousas. Entre elas quere que nos movamos moito polo que, o outro día, apareceu con varias pelotas enormes coas que comparamos tamaños e xogamos ata aburrirnos.

Para ver máis fotos, pinchade na imaxe.


COÑECEMOS AO POLO PEPE.

 Chegou as nosas clases unha nova personaxe que nos ten namorados. Trátase dun poliño moi divertido, o Polo Pepe.

Con el facemos un montón de actividades diferentes. Axúdanos a traballar a psicomotricidade fina rasgando, pegando papeis e coloreando.

Aquí podedes ver unhas fotos do día que o coñecemos e destas actividades.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 4 de noviembre de 2022

BOTELLAS E ÁRBORE DO OUTONO

 Outras das actividades que fixemos na programación "O outono xa está aquí!" son as botellas e bolsas sensoriais de elementos propios do outono e a nosa árbore chea de cores outonais.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



A SILUETA

Esta actividade tan sinxela sorprendeunos moito! Tratábase de debuxar a silueta de un de nós en papel continuo para despois añadirlle as par...