viernes, 29 de diciembre de 2023

PROVOCACIÓN DE NADAL

 As cores, as luces, a música e outros moitos elementos do Nadal están presentes na nosa contorna estes días.

Con moitos destes elementos montamos unha provocación moi navideña. Texturas diferentes, elementos para facer trasvases, meter e sacar, disfrazarnos, e moitas outras actividades que saen desta provocación.

Aquí vos deixamos, para rematar o ano, unhas fotos desta actividade tan divertida.

Feliz aninovo!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 22 de diciembre de 2023

O SON DO NADAL

 Así de divertidas son as sesións de psicomotricidade en Nadal. 

Pandeiretas, axóuxeres e maracas para marcar o ritmo do "burrito sabanero " con alegría,  risas e, sobre todo, moito ruido!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 18 de diciembre de 2023

UNHA VISITA MÁXICA

Hoxe tivemos unha visita moi especial.

A súa maxestade de Oriente, o Rei Melchor, achegouse ata o cole para saudarnos.

Un día diferente que nos achega a maxia do Nadal!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



XOGAMOS CUNHA ÁRBORE DE NADAL

 Nestas datas todo se enche de cor.

A nosa sesión de psicomotricidade tamén se tinguiu de cores. 

Atopamos na aula unha árbore colorida que tiña moitos buratos. Por eses buratos tivemos que meter pelotas de cores ata encher o baúl que tiña debaixo.

Cando o enchimos a seguinte actividade foi tirar todas as pelotas, correr para collelas e, pouco a pouco, ir enchendo de novo o baúl metendo as pelotas nos buratos da árbore.

Pasámolo xenial! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 15 de diciembre de 2023

OS NOSOS AMIGOS

 Todos os que temos animais pretiño trouxemos fotos e algúns datos para que os compañeiros puideran coñecelos.

 Agora, na parede da aula, temos a Trasto, Iris, Dana, Nemo, Nala e outros a quenes podemos ver todos os dias. Sinalamos, dicimos o seu nome, facemos o seu son...

Quedamos encantados deste rinconciño que ten aos nosos amigos favoritos!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe 


martes, 5 de diciembre de 2023

O MURAL

 Cando o Polo Pepe chegou o cole prometeu ensinarnos cousas dos animais que o acompañan na granxa.

Despois de varias actividades fixemos este muralque colocamos na aula para que os nenos e nenas teñan acceso a el. Mentras a facíamos traballamos , entre outras cousas, o vocabulario.

Agora temos un rinconciño na clase moi agaradable a onde nos achegamos tódolos dias para sinalar, nomear e facer onomatopeias.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




viernes, 1 de diciembre de 2023

FAMILIAS ARTISTAS!

Aquí vos presentamos as magníficas creacións que fixeron as familias co Polo Pepe e que adornan as nosas aulas.
 Os peques están encantados con eles!
Grazas familias pola colaboración!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


O POLO PEPE TEN FAME!

 Como xa sabemos o Polo Pepe come moito, pero moito, moito.

E nós axudámoslle a comer meténdolle grans de millo no seu pico. 

Primeiro desgranamos o millo, tivemos que facer forza cos dedos para que se soltaran. E despois cos nosos dediños fixemos o movemento da pinza para agarrar o gran e tivemos que concentrarnos para conseguir metelo polo buratiño. 

Gustounos tanto que empachamos o pobre Pepe!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...