lunes, 18 de diciembre de 2023

XOGAMOS CUNHA ÁRBORE DE NADAL

 Nestas datas todo se enche de cor.

A nosa sesión de psicomotricidade tamén se tinguiu de cores. 

Atopamos na aula unha árbore colorida que tiña moitos buratos. Por eses buratos tivemos que meter pelotas de cores ata encher o baúl que tiña debaixo.

Cando o enchimos a seguinte actividade foi tirar todas as pelotas, correr para collelas e, pouco a pouco, ir enchendo de novo o baúl metendo as pelotas nos buratos da árbore.

Pasámolo xenial! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÁMOSLLE DE COMER A EIRUGA

 Sabemos que a eiruga necesita comer moito para medrar forte. Con moito tino imos recollendo os alimentos e meténdollos na boca e mentres o ...