miércoles, 29 de diciembre de 2021

O REI GASPAR.

 A pasada semana tivemos unha visita moi especial no cole, o Rei Gaspar!!

Chegou para vernos pero para non asustarnos quedou na porta e saudounos dende alí e deixounos un pequeno agasallo.

Despois dounos outra sorpresa o aparecer na pantalla grande para falar un ratiño con nós.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

ÁRBORE DE NADAL.

 Xa metidos na época do Nadal de cheo fixemos o noso proxecto común das dúas aulas de un ano.

Unha árbore de Nadal que pintamos con pincel aínda que algún dos nosos peques emocionouse e acabou deixando o pincel para seguir coas mans.

Aquí podedes ver o progreso e o resultado da nosa fermosa árbore de Nadal.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.





martes, 28 de diciembre de 2021

ASÍ FIXEMOS A FELICITACIÓN DE NADAL.

 Aquí vos deixamos un vídeo de como fixemos a nosa felicitación de Nadal de este curso, paso a paso. Esperamos que vos gustara!

Pinchade para ver o vídeo.
    



lunes, 20 de diciembre de 2021

PANXOLIÑAS.

 Non hai Nadal sen panxoliñas.

Unha das nosas favoritas é aquela que di "Con mi burrito sabanero voy camino de Belén..."así que collemos pandeiretas, axouxeres, pandeiro e maracas e desfrutamos tocando e facendo moito, moito barullo.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.




viernes, 17 de diciembre de 2021

PROVOCACIÓN CON ADORNOS DE NADAL.

Esta semana realizamos unha actividade que nos encantou. Trátase dunha provocación pedagóxica que consiste en presentarlles varios elementos e deixar que os nenos e nenas interactúen con eles de maneira libre. Nesta ocasión foron adornos de Nadal e vasos grandes. 

A sorpresa que levaron foi a nosa mellor ferramenta e foi todo un éxito xa que tocaron, miraron e xogaron con todo e incluso remataron por facer trasvases dun recipiente a outro.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


martes, 7 de diciembre de 2021

O NOSO MURAL DA GRANXA.

 Unha das actividades que máis nos gusta nesta programación é facer un mural que despois quedará exposto na clase decorando e axudándonos a recordar o que aprendimos nestas semanas.

Mediante esta actividade traballamos vocabulario e psicomotricidade fina.

Encántanos velo e tocalo tódolos días!!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


XOGAMOS E APRENDEMOS COA GRANXA.

 Nestas semanas traballamos coa programación da granxa, aproveitando o tirón que nos dou o Polo Pepe.

Entre outras actividades traballamos cos crebacabezas e xogamos cos diferentes animaliños da granxa que atopamos polas aulas.

Así traballamos vocabulario, coordinación ollo man, onomatopeias, etc. dunha forma lúdica.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...