viernes, 25 de febrero de 2022

SOMOS O POLO PEPE.

 Como manualidade do entroido este ano fixemos unha coroa moi especial xa que é a nosa personaxe de  conto favorita. O Polo Pepe!!

                                                    Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

                                    

A MECA MANDA.

 Esta semana desfrutamos do Entroido seguindo as ordes que nos dou a nosa particular Meca.

Foi unha semana de tolos: mandilón do revés, zapatos diferentes, un mandil, roupa escura e por último a nosa festa de disfraces!

Desfrutamos moito desta semana!

                                          

                                                   Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


jueves, 24 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA.

 O día 23 de febreiro festexamos o Día de Rosalía de Castro. 

Estivemos a ver un conto que nos prepararon os nenos e nenas de Educación Primaria, bailamos con "Adiós ríos, adiós fontes" e "Rosalía pequeniña" e pegamos gomets nun gran retraro de Rosalía, traballando así a psicomotricidade fina.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


A CARA.

Fai unhas semanas que comezamos a traballar coa programación do corpo. Comenzamos pola cabeza e a cara, facendo diferentes actividades que nos axudaron a explorala.

Entre elas deixamos aquí fotos de dúas das que máis desfrutaron e coas que aprendemos moito.

Masaxeamos a cabeza e a cara con pinceis moi suaves e de diferentes tamaños e tamén traballamos coas nosas fotos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


lunes, 7 de febrero de 2022

FACEMOS NEVE.

 Unha das actividades máis chulas da programación do inverno consiste en facer neve artificial entre todos. Para iso facemos uso duns cueiros vellos e unha pouca auga. Traballamos así a psicomotricidade fina e novas texturas ademáis de pasalo xenial co resultado.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 4 de febrero de 2022

NEVE DE PAPEL.

 Seguindo coa temática invernal unha das actividades de psicomotricidade que fixemos  consistiu en manipular follas de papel de revista facendo bolas de "neve" e rachándoas en anaquiños para lanzar. Para rematar recollemos todos os anacos para que non quede ningún no chan.

Esta actividade gústanos moito e invita a movernos por todo o espazo.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



DÍA ESCOLAR DA PAZ.

 O pasado domingo 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Paz. No cole festexámolo o luns con música e baile.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...