miércoles, 31 de enero de 2024

DIA DA PAZ

 O 30  de Xaneiro festexamos o Día Internacional da Paz.

Para recordar este día fixemos unhas coroas e unhas tarxetas moi especiais que mandaban unha mensaxe tamén moi especial "A paz comeza no teu corazón ". 

E para disfrutar nada mellor que un bo baile!

Aquí vos deixamos un video e unhas fotos da celebración no cole.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 








viernes, 26 de enero de 2024

QUE ME POÑO?

Que frío vai na rúa! Cando cantamos a canción do inverno unha das partes di "el frio de invierno ya tiene solución: el gorro, los guantes y la calefacción". E ten moita razón, a roupa de inverno éma mellor solución para estar ben quentiños cando estamos fora.
Nada mellor para coñecela que poder ver, tocar e poñer estas prendas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 19 de enero de 2024

FRÍO OU QUENTE?

 Chegou o inverno!

E se por algo se caracteriza esta estación é pola chegada do frío. Os peques xa notan o cambio na rúa: veñen con gorros, chaquetas gordiñas, bufandas ou luvas...

Polo que non hai mellor época que esta para traballar, de maneira sensorial, a diferenza entre frío e quente.

Bolsa de auga quente, bolsiña de xel frío (saída directamente do conxelador) e as nosas mans. Non necesitamos nada máis que tocar e sentir a temperatura.

Se vos preguntades cal é a nosa bolsa favorita, podemos decirvos que a fría sempre ten máis éxito!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 12 de enero de 2024

POMPÓNS COLORIDOS

 Outra das actividades de Nadal foi a de traballar motricidade fina e a coordinación ollo-man coa axuda duns arboriños de Nadal especiais (feitos con bandexas de ovos) e unha morea de pompóns de cores.

Cada peque decorou a súa arbore collendo cos dediños os pompóns e poñendoos nos buratiños da árbore. Así practicamos, xogando, o movemento da pinza cos dedos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 5 de enero de 2024

ÁRBORE DE NADAL EN FAMILIA.

 Os pequenos quixemos poñer a nosa parte na decoración de Nadal da entrada do cole. Entre todos pintamos as partes dunha árbore que, despois, montaron as profes.

Pola súa parte as familias foron traendo adornos para poñer cando chegara o momento e o resultado de tanto traballo deixounos moi contentos.

Cando a familia de "Casa do Neno" se une os resultados son preciosos! As cousas feitas con amor sempre lucen!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...