viernes, 19 de enero de 2024

FRÍO OU QUENTE?

 Chegou o inverno!

E se por algo se caracteriza esta estación é pola chegada do frío. Os peques xa notan o cambio na rúa: veñen con gorros, chaquetas gordiñas, bufandas ou luvas...

Polo que non hai mellor época que esta para traballar, de maneira sensorial, a diferenza entre frío e quente.

Bolsa de auga quente, bolsiña de xel frío (saída directamente do conxelador) e as nosas mans. Non necesitamos nada máis que tocar e sentir a temperatura.

Se vos preguntades cal é a nosa bolsa favorita, podemos decirvos que a fría sempre ten máis éxito!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O MAIO

  A semana pasada estivemos de festexo no cole. Coma sempre, a principios do mes de maio, temos a "Festa dos Maios" coa que nos de...