viernes, 27 de enero de 2023

INSTALACIÓN INVERNAL.

 Esta semana cando chegamos o cuberto atopámonos cunha bonita instalación chea de elementos invernais.

Alí estaban os dous esquíos Nim, ben abrigadiños coas súas bufandas,  esperando para vernos desfacer toda a instalación. Esta instalación tiña unha carga sensorial importante: Bolsas de calor, acumuladores de frío, roupa de inverno de lá, mantas suaviñas e bolas de algodón. Ademáis tiñamos pelotas azuis e moitos vasos e cubos azuis e brancos cos que fixemos trasvases.

Nas fotos podedes ver canto desfrutamos desta instalación invernal!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 20 de enero de 2023

BONECO DE ALGODÓN.

 Por aquí non temos a sorte de ver moita neve así que se queremos facer un boneco de neve temos que agudizar o inxenio e buscar unha forma de facelo.

De ahí esta actividade que, aínda que sinxela, lles encanta.

 Con forro transparente adhesivo e cartolina montamos o boneco, pero fáltalle a barriga que enchemos pegando moitas boliñas de algodón no forro transparente.

Traballamos así a motricidade fina e o vocabulario así como a parte sensorial notando a textura do algodón.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 13 de enero de 2023

FRÍO OU QUENTE?

 Coa chegada do inverno o noso esquío favorito, Nim, explicounos coa axuda do seu conto "¡El invierno ya está aquí!" que chegou o frío en todas partes.

Para comprender a diferenza entre frío e calor fixemos esta actividade usando bolsas de auga quente e bolsas de xeo. Tocando e manipulando puidemos ser conscientes.

Cada un de nós ten a súa preferenza en canto a que bolsa nos gusta máis pero, polo xeral, a bolsa fría ten máis adeptos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


lunes, 9 de enero de 2023

ÁRBORE DE NADAL

Grazas as familias este Nadal puidemos ter unha árbore moi chula e especial. Na casa confeccionaron adornos que despois puxemos na árbore que pintamos entre as dúas aulas.

Aos nenos e nenas encántalles ver que o que pintaron e fixeron na casa únese para ter unha fermosa árbore de nadal!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



EXPERIMENTO COA EIRUGA LARPEIRA.

 Chegou a primavera e con ela temos cambios na nosa contorna que non pasan desapercibidos por nós.  Para coñecer esta estación tan colorida ...