viernes, 20 de enero de 2023

BONECO DE ALGODÓN.

 Por aquí non temos a sorte de ver moita neve así que se queremos facer un boneco de neve temos que agudizar o inxenio e buscar unha forma de facelo.

De ahí esta actividade que, aínda que sinxela, lles encanta.

 Con forro transparente adhesivo e cartolina montamos o boneco, pero fáltalle a barriga que enchemos pegando moitas boliñas de algodón no forro transparente.

Traballamos así a motricidade fina e o vocabulario así como a parte sensorial notando a textura do algodón.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

AS MIÑAS MANS

 As nosas mans transmiten moitísima información. O sentido do tacto é un dos primeiros transmisores de experiencias e aprendizaxes que temos...