lunes, 24 de enero de 2022

O NOSO BONECO DE NEVE.

 O outro día as profes trouxeron un novo material moi interesante que nos gustou moito e co cal fixemos unha actividade moi chula. Tratábase dunhas boliñas brancas e suaves coas que xogamos un pouco. ¡Parecía neve! Despois de lanzar as boliñas e desfacer algunha, jejejeje, pegámolas na barriga dun  boneco de neve. Podedes ver aquí o ben que o pasamos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


EXPERIMENTANDO CO FRÍO E CO CALOR.

 Aquí vos deixamos outra das actividades que realizamos durante a programación do inverno. Trátase de manipular e xogar co frío das bolsas de xeo e o calor das bolsas de auga quente. Neste tempo agradécese o calorciño da bolsa quente pero sen embargo a maioría dos nosos nenos e nenas gustoulles máis a experiencia co frío dos xeos.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


martes, 18 de enero de 2022

CHEGOU O INVERNO.

 Como xa vos destedes conta chegou o frío e con el o inverno.

Por iso nas aulas estivemos a traballar vocabulario, texturas e psicomotricidade dunha forma moi divertida: con pezas de roupa típicas desta fría estación. Pasámolo moi ben poñendo e sacando gorros, bufandas, luvas...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

AS MIÑAS MANS

 As nosas mans transmiten moitísima información. O sentido do tacto é un dos primeiros transmisores de experiencias e aprendizaxes que temos...