viernes, 1 de diciembre de 2023

O POLO PEPE TEN FAME!

 Como xa sabemos o Polo Pepe come moito, pero moito, moito.

E nós axudámoslle a comer meténdolle grans de millo no seu pico. 

Primeiro desgranamos o millo, tivemos que facer forza cos dedos para que se soltaran. E despois cos nosos dediños fixemos o movemento da pinza para agarrar o gran e tivemos que concentrarnos para conseguir metelo polo buratiño. 

Gustounos tanto que empachamos o pobre Pepe!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

GRACIAS