viernes, 19 de abril de 2024

EXPERIMENTO COA EIRUGA LARPEIRA.

 Chegou a primavera e con ela temos cambios na nosa contorna que non pasan desapercibidos por nós. 

Para coñecer esta estación tan colorida o esquío Nin trouxo a unha amiguiña pequena e tipica deste tempo. Falamos de "Unha eiruga moi larpeira" e, como o seu nome indica, esta eiruga ten moita fame. No conto podemos ver como a eiruga crece moito despois de comer e comer así que, para ver de primeira man como crece,  fixemos este experimento. 

Para comezar observamos que había  moitas eirugas de cores. Eran pequenas e estaban quietiñas. Cun par de gotas de auga as eirugas crecían e movían un pouco o seu corpo. Quedamos abraiados!

Fumos moi pacientes esperando o noso turno e observamos como os compañeiros botaban a auga e como reaccionaban todas as eirugas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

A SILUETA

 Unha das últimas actividades da nosa programación sobre o corpo consiste en facer unha silueta a tamaño real dun corpo.  Para esta tarefa e...