lunes, 18 de abril de 2022

CONSTRUÍNDO.

 Nas sesións de psicomotricidade pasámolo sempre xenial pero nesta ocasión fixemos algo diferente.

Temos no espazo de psicomotricidade unhas caixas de cartón con diferentes tamaños que nos serviron para facer torres moi, moi altas. Facelas gústanos pero sen dúbida o que máis nos divirte é tiralas, case non podíamos esperar a que estiveran rematadas!

Con esta actividade ademáis de psicomotricidade grosa traballamos conceptos como arriba, abaixo e grande , pequeno ademáis da capacidade de espera.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXPERIMENTO DA EIRUGA QUE MEDRA

 Xa estamos afeitos a ver a nosa eiruga comer pero nunca a vimos beber así que, o outro día, démoslle de beber a unhas pequeñas eiruga que a...