viernes, 29 de noviembre de 2024

INSTALACIÓN CO POLO PEPE

Aquí vos deixamos unha nova instalación pedagóxica que ten como protagonista ao noso pitiño favorito.

Entre papeis amarelos, lá, plumas, millo... pasamos un rato moi entretido. Fixemos trasvases, lanzamos pelotas, manipulamos o millo, e moitas outras actividades que se nos foron ocorrendo.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 22 de noviembre de 2024

O POLO PEPE!

 Xa o temos no cole! O poliño máis querido e admirado de todos veu por fin as nosas aulas para achegarnos ó mundo da granxa. O polo Pepe!

Con el desfrutamos sempre, rimos e produce en nós moita curiosidade coas actividades que nos ten preparadas.

Tanto aparece un día con pelotas enoooormes coma chega cargado de millo para que lle demos de comer. É un larpeiro!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


miércoles, 20 de noviembre de 2024

DÍA DOS DEREITOS DO NENO.

 Todos temos dereito a vivir nun fogar cunha familia, por iso hoxe, 20 de novembro, festexamos no cole o Día dos Dereitos do Neno acudindo en pixama. 

O pixama simboliza ese momento en familia no que mamás e papás leen o conto os seus fillos. Un momento que queda por sempre nos seus recordos e que fai que se sintan seguros e protexidos. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 15 de noviembre de 2024

A BANDEIRA DO OUTONO.

 Cuns paus, lá e cinta de embalar fixemos esta fermosa bandeira que temos agora decorando as nosas aulas. Só tivemos que coller follas e ir pegándoas na cinta! 

Coa mesma técnica fixemos a nosa manualidade. Esta vez rasgando as follas do outono e pegándoas nun círculo, traballando así a motricidade fina.

Agora é un fermoso adorno que levaremos para casiña como recordo.

Así temos decorado o noso rinconciño de outono, xunto a casiña da nosa amiga Nin.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 8 de noviembre de 2024

INSTALACIÓNS DO OUTONO


Mediante as instalacións pedagóxicas invitamos os nenos e nenas a observar, manipular, explorar, experimentar, mover, desfacer e facer, e mil outras accións, coa menor intervención de adultos. 

Mediante o xogo, a nosa mellor ferramenta de aprendizaxe, os peques foron coñecendo, neste caso, elementos do outono.

Paus, follas, cabaciñas, piñas, pequenos cogumelos e moitos outros materiais que estaban dispostos de maneira atractiva visualmente para captar a súa atención e fomentar así a curiosidade por descubrir e interactuar con eles.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




jueves, 7 de noviembre de 2024

UNHA CAIXA SORPRESA!

  A sorpresa é unha invitación a curiosidades e o aprendizaxe. Axúdanos a centrar a atención hacia algo en concreto  e focalizada nos estímulos que lles queremos ofrecer.

Por iso o outro día Nin deixou nas nosas aulas unha caixa preciosa e moi misteriosa.

Era unha caixa do outono na que debíamos meter as mans para ir descubrindo pouco a pouco distintos elementos e froitos do outono.

Así  fumos sacando piñas, castañas, landras, follas...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


AS MIÑAS MANS

 Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación,  diferentes cancións, bolsas ...