viernes, 28 de mayo de 2021

PSICOMOTRICIDADE

 Continuamos traballando a programación da eiruga glotona, esta vez fixemos un circuito en psicomotricidade con aros e globos simulando a eiruga. Pásamolo xenial !!!!!


Si queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.

martes, 18 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS

Un curso máis celebramos no cole o día das Letras Galegas, este ano adicado a Xela Arias. Aquí vos deixamos algunhas fotos das actividades que realizamos para esta celebración.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 7 de mayo de 2021

CELEBRAMOS OS MAIOS !!!

 Esta semana adicámoslla ós Maios, unha celebración de tradición popular para dar a benvida a primavera. Unha das actividades consisitiu en que todos os nenos e nenas participaron traendo flores e posteriormente colocáronas no maio.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 30 de abril de 2021

CELEBRANDO A SEMANA DO LIBRO

 O pasado 23 de Abril celebrouse o día do libro, así que esta semana adicámoslla ós contos tradicionais por medio de diferentes actividades (contacontos en diferentes linguas, manualidades...). 

Aquí vos deixamos algunhas fotos, esperamos que vos gusten.


 Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 23 de abril de 2021

TRABALLANDO A PSICOMOTRICIDADE FINA

Ao longo de esta semana seguimos coñecendo a primavera a través de diferentes técnicas que nos axudaron a traballar a psicomotricidade fina ( pegamos e rachamos papeis de diferentes texturas, coloreamos...).


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 16 de abril de 2021

COMEZOU A PRIMAVERA

 Chegou a primavera a Casa do Neno, nestes días falamos sobre os cambios que se producen nesta época do ano (flores,plantas,animais,sol...) esta semana adicámoslla as plantas, fixemos unha actividade moi chula que consistiu en plantar sementes (lentellas e fabas).


Pinchade na imaxe si queredes ver máis fotos.

 

viernes, 26 de marzo de 2021

AS PARTES DO CORPO

 En estas últimas semanas estivemos a traballar as partes do corpo: cabeza, mans, pes... aquí vos deixamos unhas fotos de algunha das actividades que realizamos. 


                                            

Pinchade na imaxe para ver máis fotos.

GRACIAS