Seguimos traballando as diferentes froitas, a semana pasada traballamos a mazá (probamos, manipulamos, pintamos...) e tamén traballamos a psicomotricidade fina despegando e pegando gomets en algúns debuxos.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.
Seguimos traballando as diferentes froitas, a semana pasada traballamos a mazá (probamos, manipulamos, pintamos...) e tamén traballamos a psicomotricidade fina despegando e pegando gomets en algúns debuxos.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.
Mediante a programación da eiruga glotona comezamos a traballar algunhas froitas a través de diferentes actividades. A pasada semana tocoulle a quenda á laranxa e ó plátano (manipulámolos, probámolos, coloreámolos, etc).
Continuamos traballando a programación da eiruga glotona, esta vez fixemos un circuito en psicomotricidade con aros e globos simulando a eiruga. Pásamolo xenial !!!!!
Si queredes ver máis fotos pinchade na imaxe.
Esta semana adicámoslla ós Maios, unha celebración de tradición popular para dar a benvida a primavera. Unha das actividades consisitiu en que todos os nenos e nenas participaron traendo flores e posteriormente colocáronas no maio.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.
O pasado 23 de Abril celebrouse o día do libro, así que esta semana adicámoslla ós contos tradicionais por medio de diferentes actividades (contacontos en diferentes linguas, manualidades...).
Aquí vos deixamos algunhas fotos, esperamos que vos gusten.
Ao longo de esta semana seguimos coñecendo a primavera a través de diferentes técnicas que nos axudaron a traballar a psicomotricidade fina ( pegamos e rachamos papeis de diferentes texturas, coloreamos...).
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.