viernes, 19 de noviembre de 2021

DÍA EN PIXAMA!!

 O 20 de novembro celébrase o día polos dereitos dos nenos, así que hoxe dende Casa do Neno decidimos apoiar este día dun xeito especial... todos en pixama!! 

Para os nenos e nenas o momento do pixama, conto e durmir é un dos mellores momentos do seu día a día, por iso queremos recordar, con este sinxelo xesto, que tódolos nenos e nenas do mundo teñen dereito a unha familia e un fogar onde poder pasar momentos tan fermosos coma este.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


lunes, 15 de noviembre de 2021

CAEN AS FOLLAS!!

 Unha actividade que nos encanta facer no outono é xogar coas follas. Primeiro presentamollas deixando que as ulan, que as manipulen... 

Despois xogamos todos xuntos lanzandoas ao aire, pisandoas, poñendoas na cabeza... 

Outra actividade que fixemos foron as bolsas sensoriais cos diferentes froitos do outono. 


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



lunes, 8 de noviembre de 2021

XOGAMOS COAS COLCHONETAS.

 En psicomotricidade xogamos coas diferentes colchonetas as cales nos ofrecen unha amplia variedade de movementos e actividades:  pasamos por dentro, subimos, baixamos, rodeamos, tirámolas, empurrámolas...

PASÁMOLO XENIAL!!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


O OUTONO.

 En estes días estivemos a traballar o outono a través de diferentes actividades e xogos. 

Decoramos a clase pintando coas mans, coñecemos e manipulamos algúns froitos típicos de esta estación do ano...



                                                     Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN 2021

 Esta semana estivemos a festexar o Samaín con diferentes actividades:

Grazas a participación das familias fixemos unha fermosa exposición de cabazas. 

No cole fixemos unha manualidade para recordar este día, unha meiga espantosa, e tamén xogamos as pantasmas. 

PASÁMOLO XENIAL!!!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



jueves, 21 de octubre de 2021

Pasamos polo túnel.

 Nos primeiros días de psicomotricidade intentamos pasar polo interior do túnel e coller algúns xoguetes dentro.


Pinchade na imaxe para ver máis fotos.


Primeiros dias no cole.

 Aquí tendes unhas fotiños dos nosos primeiros días no cole.



Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

GRACIAS