viernes, 10 de junio de 2022

ACTIVIDADES PLÁSTICAS DA EIRUGA LARPEIRA.

 Aquí vos deixamos algunhas das actividades plásticas que fixemos nesta programación.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 3 de junio de 2022

DESPEDÍMONOS DA EIRUGA.

 Para rematar a programación da "Eiruga larpeira" pintamos, entre todos, unha eiruga enorme e unha gran bolboreta chea de cores. Utilizamos o pincel e tamén un poquiño as mans e quedaron as dúas moi chulas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


jueves, 2 de junio de 2022

PSICOMOTRICIDADE COA EIRUGA LARPEIRA.

 Entre as diferentes actividades que facemos con esta eiruga tan divertida temos as sesións de psicomotricidade. 

Destacamos, entre elas, dúas:

O circuíto con globos e aros, coas cores da nosa eiruga, foi moi divertido. Pasamos polo medio dun feixe de aros colgados, por un túnel e esquivamos globos.

O noso gusano encheuse de globos verdes e vermellos  que tivemos que sortear, empuxar e apartar para poder saír.

    Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


lunes, 23 de mayo de 2022

DÁMOSLLE DE COMER A EIRUGA LARPEIRA.

 Esta eiruga está famenta, quere comer todo o tempo así que non nos quedou máis remedio que darlle moita, moita comida: froita, pasteis, queixo... Esperamos que quedase farta!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


LIMÓN OU LARANXA?

 A Eiruga Larpeira trouxo laranxas e limóns as nosas aulas. Puidemos observar, tocar, ulir e probar cada froita, e a gran maioría ten unha preferida. Sabedes cal é?

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 6 de mayo de 2022

OS MAIOS

 Estes días enchemos de flores o cole, para preparar coa axuda das familias o noso Maio. Pouco a pouco foron chegando tódolos elementos cos que o formamos. Hoxe saímos a velo e a colocar algún elemento máis, antes de ir ao parque, aproveitando  o bo tempo que fai estes días.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


martes, 3 de mayo de 2022

COMEMOS FROITAS COA EIRUGA GLOTONA.

 Chegou as nosas clases unha eiruga moi glotona que come moita, moita froita. Estes días trouxo algúns plátanos e algunhas mazás que puidemos ver, tocar e, por suposto, probar. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


GRACIAS