Hoxe fixemos unha actividade moi, moi chula: xogamos e experimentamos con lanternas e botellas de cor.
Fíxonos gracia observar como se podían ver círculos de luz no teito e como se reflectía a cor das botellas no chan. Mirade o ben que o pasamos!
Hoxe fixemos unha actividade moi, moi chula: xogamos e experimentamos con lanternas e botellas de cor.
Fíxonos gracia observar como se podían ver círculos de luz no teito e como se reflectía a cor das botellas no chan. Mirade o ben que o pasamos!
Estivemos a facer unha actividade moi interesante e divertida que consiste en meter papel pinocho de cores nunha botella de auga para que así esta colla a cor do papel: metemos o papel, pechamos a botella e sacudimos forte vendo como pouco a pouco a auga vai collendo cor.
Con esta actividade traballamos a psicomotricidade fina e as cores mentras experimentamos.
Estes días intentamos disfrutar o máximo o bo tempo saindo mooooito o parque. Encántanos sair a fora correr, saltar, baixar polo tobogán... e ata comer a galleta.
Xa rematamos a programación de aula e para este tempo que nos queda temos unhas actividades moi, moi divertidas.
Entre elas xogamos con globos de moitas cores intentando que non tocaran o chan, lanzándoos ao aire...
Hoxe xogamos no parque con pompas de xabón que saían dun peixe moi especial. Encantounos poder facer este xogo o aire libre, con tanto sitio para correr, saltar e intentar pillar todas as pompas. Ademáis puidemos ver como voaban moi moi alto.
Hoxe no cole festexamos o San Xoán con tódolos compañeiros das aulas de un ano saltando
unha pequena cacharela.
Seguindo coa programación sobre arte, que como xa sabedes está enfocada no conto "Colores" de Hervé Tullet, as profes prepararon unha nova instalación chea de diferentes materiais de moitas cores (papeis con diferentes texturas, aros, botellas de cores, vasos...)
Foi unha grata sorpresa coa que o pasamos xenial. Non deixamos cousa con cousa.
Con esta sesión traballamos a psicomotricidade tanto grosa como fina, conceptos como arriba e abaixo, cores, dentro e fora... e todo esto XOGANDO.
Comezamos unha nova programación centrada na arte e tomando como primero contacto o conto "Colores" de Hervé Tullet. Este conto axúdanos a crear distintos xogos con moitas cores.
Entre eles usamos a mesa de luz. Desta vez xogamos con formas xeométricas de diferentes cores e tamén con pezas de contrucción translúcidas. Veredes nas fotos o ben que o pasamos!