viernes, 21 de octubre de 2022

FROITOS DO OUTONO

 A mellor forma de aprender novas cousas é polos sentidos.De esta maneira podemos obter moita información do mundo que nos rodea.

Por iso moitas das actividades teñen ese compoñente sensorial. 

Neste caso usamos os sentidos para coñecer algúns dos froitos do outono: castañas e os seus ourizos, landras, noces, millo...

 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 14 de octubre de 2022

CAEN AS FOLLAS.

Comezamos coas nosas sesións de psicomotricidade cunha actividade que invita ao movemento, xogar coas follas do outono.
Nim invitounos a escoitar o seu ruido e velas. Observar uns segundos e despois xa todo foi xogo e diversión. 
Collemos, rachamos, lanzamos, ulimos, puxémolas de sombreiro... moitas posibilidades para un recurso natural, propio desta época do ano, que vemos tódolos días nas nosas rúas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



viernes, 7 de octubre de 2022

COÑECEMOS AO ESQUÍO NIM.

Esta semana chegou as nosas aulas unha persoaxe moi particular. 
Trátase do esquío Nim que ven a ensinarnos moitas cousas do outono e quedarase todo o curso con nós.
Limos o seu conto "El otoño ya está aquí" de Albert Asensio e xogamos con ela un rato. É moi suaviño e rimos moito coas súas bromas e cóxegas.
Para que estivera cómodo as profes fíxéronlle unha casiña que decoramos con landras, castañas e follas pintadas por nós.
Tódolos días saudamos a Nim antes do conto e está moi contento de ver a súa casiña tan bonita.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

viernes, 30 de septiembre de 2022

BOTELLAS SENSORIAIS

 Esta é unha das actividades que máis nos gustan. 

Manipulamos botellas sensorias que non son máis que botellas cheas de obxectos ou líquidos que estimulan aos nenos e nenas de xeito visual e auditivo.

 O son das Botellas que levan fabas, lentellas ou clips (entre outras) chaman a súa atención auditiva e as botellas que levan pompóns, lá ou auga de cores chaman a súa atención visual provocando así unha estimulación lúdica. 

Repetiremos moito coas botellas porque lles encantan e nada máis velas pódese ver un gran sorriso nos seus rostros.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


jueves, 22 de septiembre de 2022

QUE BEN O PASAMOS!

Pasados os primeiros días comezamos a estar familiarizados coas nosas aulas e os xoguetes que temos nelas. Aquí podedes ver unha pequena selección de xogos e actividades que realizamos durante estas semanas.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

miércoles, 21 de septiembre de 2022

COÑECENDO NOVOS ESPAZOS.

 Esta semana coñecemos un dos espazos que máis nos vai gustar dentro do cole: o cuberto.

Neste espazo, ademáis de xogo libre,  faremos as nosas sesións de psicomotricidade e outro tipo de actividades que requiren de máis espazo, posto que nos ofrece multitude de opcións.

Como podedes ver pasámolo moi ben nesta gran sala. Non quedou espazo sin investigar!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 9 de septiembre de 2022

PRIMEIROS DÍAS NA ESCOLA.

 Comezamos un novo curso cargado de novas ideas para que todos os pequenos o pasen xenial, con novos descubrimentos e novas experiencias. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o pasamos estes primeiros días.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


GRACIAS