viernes, 3 de marzo de 2023

CABEZA E CARA.

 Este luns comezamos unha nova programación, coa que imos a traballar  o corpo.

Esta semana adicámola a cabeza e a cara. 

Comezamos lendo o conto "Aquiles, o puntiño" e con el fumos vendo como Aquiles ía conseguindo ollos, boca, nariz, orellas e outras partes do corpo. Tamén cantamos cancións sobre a cara e as súas partes procurando sinalar cada unha delas. 

Vimos as nosas caras en fotos que manipulamos sinalando tamén partes da cara, usamos espello para vernos, imitamos coas nosas caras distintas emocións e, para rematar e relaxarnos, disfrutamos dunha masaxe facial gracias a uns pinceis moi suaves. 

Algún de nós case queda durmidiño do ben que estaba!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO.

 Hoxe, 23 de febreiro, é o Día de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data especial fixemos varias actividades nas aulas de un ano. 

Escoitamos o seu poema "Adiós ríos,  adiós fontes" en forma de canción, coa que puidemos bailar, e tamén estivemos a escoitar algunhas pezas do disco "Rosalía pequeniña".

Tras ver a foto da escritora pegamos gomets de diferentes formas e cores ao redor da imaxe e por último convertímonos en Rosalía por un intre.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


miércoles, 22 de febrero de 2023

PROVOCACIÓN CON XEO.

 Despedimos a programación do inverno cunha actividade mooooi fría. 

Trátase dunha provocación pedagóxica que ten como elemento principal o xeo. Coa axuda dunha gran caixa e diferentes utensilios (culleres, tuppers, pinzas, cucharóns...) xogamos, manipulamos e sentimos o frío do xeo nas nosas mans. Fixemos trasvases duns recipientes a outros e incluso comprobamos como pouco a pouco o xeo íase derretindo.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


UN PINGÜÍN FAMENTO.

 Hai uns días, falando sobre o xeo, vimos un vídeo dun pingüín moi divertido que pescaba. Non lle saía moi ben a cousa e quedou con fame así que achegouse as nosas aulas para ver se lle botabamos unha man, e a nós eso de axudar gústanos moito. O pingüín marchou do cole co bandullo ben cheo de peixes de cores.

Había moitos peixes e tivemos que meterllos na boca con certa destreza porque se non o facíamos ben o pingüín non comía o peixe. Foi un xogo moi divertido que nos gustou moito.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

lunes, 20 de febrero de 2023

BOTELLAS E BOLSAS SENSORIAIS DO INVERNO

 Como xa sabemos que unha das mellores formas de aprender é mediante a estimulación sensorial preparamos estas actividades sinxelas pero moi enriquecedoras.

Nunha botella metimos cubos de xeo, auga fría e colorante azul. Na outra botella metimos auga moi quente e colorante vermello.  Deixamos que manipulen, falando con eles sobre o que sinten e animando a que toquen e agarren, e só con eso conseguimos unha actividade de estimulación coa que pasamos un bo rato.

A outra actividade consiste en facer bolsas sensoriais. Unhas con espuma de afeitar, outra con bolas de algodón e outra con cubos de xeo. De novo deixamos que manipulen e xoguen. E cando o xeo comezou a derretirse puidemos ver a auga!

Aquí podedes ver o ben que o pasaron:

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.



 


martes, 14 de febrero de 2023

O MECO MANDA...

 Ca chegada do Entroido volveu a entrar no noso cole o noso famoso Meco.  Todolos anos nos da instruccións a seguir. Pode parecer que toleu pero o certo é que cando nos vemos as pintas sempre nos rimos.

Este ano pideu que o luns adornáramos a cabeza. E o cole encheuse de gorros, diademas, lazos...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe

O martes pideu que puxéramos un xersei divertido. As familias lucíronse con todo tipo de xerseis!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

O mércores tivemos que pintar as nosas meixelas. Coloretes, bigotes de gato, flores, corazóns... 

Así de guapos aparecemos!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

O xoves foi a festa grande! O Meco decidiu que fixéramos un desfile para mostrar os nosos disfraces do cole. Somos uns forzudos moi simpáticos e desfilando de marabilla!
Aquí tendes unhas fotos da nosa preparación na aula.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

Aquí vos deixamos as fotos do desfile. Esperamos que vos gustase!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


Por último, para rematar a semana tan tola que nos tocou, fixemos unha festa de disfraces. Pasámolo moi ben!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.






viernes, 10 de febrero de 2023

XOGAMOS CON BOLAS "DE NEVE".

 O outro día fixemos bolas "de neve" con papeis. Xogamos a lanzalas no aire e a tiralas aos compañeiros. Esas mesmas bolas déronnos xogo para dúas actividades máis: un boneco de neve enorme, no que tivemos que lanzar as bolas, e unha caixa que as atrapou e tivemos que sacalas.

Co boneco pasámolo en grande, non nos cansamos de sacar e meter bolas. E, como lanzando non entraban, acabamos por metelas de cerquiña para asegurarnos de que o boneco sempre estivera cheo.

Coa caixa tratábase de sacar polos oquiños que quedaban e fíxemolo moi ben, sacamos todas, pero despois quixemos volver a metelas de novo. E así pasamos o tempo...


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


GRACIAS