O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas na nosa terra. Este ano está adicado a un dos seus impulsores, Francisco Fernández Del Riego.
No cole festéxamolo falando un pouquiño sobre el, bailando unha muñeira e pintando unha pandeireta.
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas na nosa terra. Este ano está adicado a un dos seus impulsores, Francisco Fernández Del Riego.
No cole festéxamolo falando un pouquiño sobre el, bailando unha muñeira e pintando unha pandeireta.
Hoxe é un día moi, moi especial. É o Día da Familia!
Celebrámolo no cole falando sobre as nosas familias, con contos e bailando "Eu teño alguén no meu corazón". Ademáis levamos para casa unha tarxetiña, que fixemos coa pegada dos nosos dediños, para recordar este fermoso día.
FELIZ DÍA FAMILIAS!!!
Seguimos investigando sobre a primavera.
A simple vista no noso parque podemos ver o cambio nas árbores e plantas pero para poder mirar, tocar, ulir e manipular elementos desta estacion as profes prepararon unha provocación chea de flores e de cores.
Para aumentar as posibilidades de xogo incluiron palas, rastrillos, tubos de cartón, un par de macetas de metal e cartóns de ovos. Pasámolo xenial con esta provocación, tomando moita información cos nosos sentidos mentres xogamos libremente.
A nosa eiruga é moi larpeira. Quere comer todo o tempo, por iso decidimos darlle de comer. Esperando o noso turno, achegámonos a ela para meter na súa gran boca o preciado bocado. Así repasamos, de paso, vocabulario de froitas e outros alimentos.
Con todo o que comeu seguro que se convirte nunha fermosa bolboreta!
Esta semana celebramos no cole os Maios, unha festa ancestral que conmemora o fin do invierno e a chegada da primavera.
Onte cubrimos o noso Maio de flores, xestas, fiuncho... e tivemos a visita da pandeireteira María que nos fixo disfrutar da música da súa pandeireta.
Aquí vos deixamos un vídeo da festa.
Seguimos coa Animación a Lectura! Esta vez foron as familias as encargadas de motivarnos a ler cunha visita o cole para contarnos algún conto.
Por aquí pasaron 'La cerdita Clea', 'Pelusa, Pelón y Pinchón', 'Na granxa', entre outros, e fixéronnos pasar un bo rato con mamás e papás.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!