viernes, 2 de junio de 2023

AXUDANDO A EIRUGA.

 O outro día atopamos a eiruga un pouco preocupada. 

Resultou que tiña moooooita fame e non era capaz de atopar as froitas que quería porque estaban nunha caixa con moitas pelotas. Así que axudámola separándoas en diferentes  caixas.

Recorrimos varias veces o cuberto, dunha punta a outra, para poder levar a cabo o noso cometido pero, entre todos, conseguímolo! A eiruga quedou moi, moi contenta.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 26 de mayo de 2023

AS NOSAS PLANTIÑAS.

 Ca chegada da primavera podemos ver cambios na nosa conforma. As plantas medran, saen flores...

Non hai mellor época para aprender a importancia do coidado das plantas e para iso fixemos a nosa propia plantación  con legumes. Un vaso transparente axudounos a ver o proceso do crecemento das nosas plantiñas. Tódolos días lles adicamos un ratiño para comprobar se estaban medrando, botamos auga cando era necesario... e cando xa estaban grandiñas levámolas para casiña.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 





martes, 16 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas na nosa terra. Este ano está adicado a un dos seus impulsores, Francisco Fernández Del Riego. 

No cole festéxamolo falando un pouquiño sobre el, bailando unha muñeira e pintando unha pandeireta. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 15 de mayo de 2023

DÍA DA FAMILIA!

 Hoxe é un día moi, moi especial. É o Día da Familia!

Celebrámolo no cole falando sobre as nosas familias, con contos e bailando  "Eu teño alguén no meu corazón". Ademáis levamos para casa unha tarxetiña, que fixemos coa pegada dos nosos dediños, para recordar este fermoso día.

FELIZ DÍA FAMILIAS!!!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



viernes, 12 de mayo de 2023

PROVOCACIÓN CON FLORES.

 Seguimos investigando sobre a primavera. 

A simple vista no noso parque podemos ver o cambio nas árbores e plantas pero para poder mirar, tocar, ulir e manipular elementos desta estacion as profes prepararon unha provocación chea de flores e de cores. 

Para aumentar as posibilidades de xogo incluiron palas, rastrillos, tubos de cartón, un par de macetas de metal e cartóns de ovos. Pasámolo xenial con esta provocación, tomando moita información cos nosos sentidos mentres xogamos libremente.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


miércoles, 10 de mayo de 2023

DÁMOSLLE DE COMER A EIRUGA LARPEIRA.

 A nosa eiruga é moi larpeira. Quere comer todo o tempo, por iso decidimos darlle de comer. Esperando o noso turno, achegámonos a ela para meter na súa gran boca o preciado bocado. Así  repasamos, de paso, vocabulario de froitas e outros alimentos. 

Con todo o que comeu seguro que se convirte nunha fermosa bolboreta!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


jueves, 4 de mayo de 2023

O MEU CONTO FAVORITO.

Unha das actividades de Animación a Lectura que máis nos gustou foi traer o noso conto favorito para compartilo cos compañeiros e compañeiras. 
Coa axuda das profes contamos o noso conto orgullosos de poder ensinarllo aos nosos amigos. 
Foron todos un éxito! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


GRACIAS