Este pasado venres tivemos festa no cole. Estivemos festexando o Día de San Xosé, o patrón do centro.
Tivemos unha bonita festa no patio e veu a visitarnos a nosa mascota, que se chama Pepe!
Este pasado venres tivemos festa no cole. Estivemos festexando o Día de San Xosé, o patrón do centro.
Tivemos unha bonita festa no patio e veu a visitarnos a nosa mascota, que se chama Pepe!
Aquí vos deixamos a nova edición do noso xornal escolar " A voz do neno".
Esperamos que vos guste!
Hoxe, 21 de marzo, é o Día Internacional do Síndrome de Down.
Para dar visibilidade a este día viñemos o cole con calcetíns diferentes apostando así pola diversidade. Porque todos somos diferentes, e esas diferencias son as que enriquecen o mundo.
Grazas o conto "O meu corpo" de Ivanke y Mey comezamos a coñecer mellor o noso corpo.
Comezamos pola cabeza e a cara e mediante cancións e xogos pouco a pouco adquirimos máis vocabulario e conciencia do propio corpo.
Aquí vos deixamos fotos dunha das actividades máis divertidas. Cun espello puidemos ver a nosa cara e cabeza e a dos compañeiros e compañeiras, sinalar as suas partes e practicar a imitación de xestos.
Con xeo, espuma de afeitar e pompóns armamos estas divertidas e invernais bolsas sensoriais que nos axudan a estimular o sentido visual e táctil, focalizar a atención, estimular os movementos motrices da man, aumentar o vocabulario...
E neste caso caso concreto traballamos a sensación de frío coa bolsa de xeo, e texturas cos pompóns e a espuma.
En inverno a psicomotricidade vólvese aínda máis divertida.
Para estimular o movemento temos novos elementos que chaman a atención dos peques. Son materiais moi sinxelos de facer pero que os motivan moitan.
Aquí vos deixamos dúas das actividades que fixemos reutilizando as "bolas de neve" feitas con papel.
A primeira consistiu en sacar bolas que estaban atrapadas nunha caixa transparente. A segunda en meter as bolas atrapadas na caixa transparente nun boneco de neve que estaba triste porque non tiña neve dentro.
Nesta semana festexamos no cole a Semana da Prensa.
Os máis pequenos traballamos esta temática dende a experimentación, a manipulación e a observación.
Collendo como referencia a prensa escrita, e máis concretamente o xornal, faremos diferentes actividades que nos axuden a coñecer este elemento tan fundamental da prensa:
Como primeira actividade presentamos o xornal, falamos do que é, observamos e, por suposto, manipulamos as súas follas. Fixemos bolas, rachamos e pegamos papeis...
Tamén tivemos unha instalación toda feita con papel de xornal e presentado en diferentes formatos (grandes tiras de follas, follas soltas, bolas de papel, barcos e sombreiros, papel en tiras e troceado). Pasámolo xenial con todas as posibilidades de xogo que ofrecía.
Outra das actividades que nos encantou foi atopar, polo chan cuberto de xornais, fotografías de animais. Repasamos así vocabulario e coñecemos algún animal novo.