viernes, 4 de octubre de 2024
POMPAS RELAXANTES.
viernes, 20 de septiembre de 2024
NOVO CURSO CARGADO DE ILUSIÓN!
O martes 3 de setembro recibimos nas nosas aulas a os peques que nos van a acompañar durante este novo curso.
Comezamos cargados de ilusión!
Os primeiros días son días complicados poño que intentamos facer actividades sinxelas que axuden a que eles disfruten do tempo que pasamos no cole.
As botellas sensoriais son sempre un acerto. Chaman a súa atención e incentivan a súa curiosidade. Queren ver e coller todas e cada unha delas para observar e movelas dun lado a outro.
Aquí vos decíamos unhas fotiños do ben que o pasamos!
miércoles, 31 de julio de 2024
REMATE DO CURSO PINTANDO CON AUGA
Xa está aquí o último curso deste curso.
Nestes últimos días aproveitamos que o bo tempo nos acompañou para facer actividades diferentes.
Aqui vos deixamos unha das ultimas que foi todo un éxito! Con pinceis e rodillos pintamos a entrada do cole cunha pintura moi especial...auga!
Tivemos que encher o cubo varias veces porque non queríamos deixar de pintar.
Esperamos que pasedes un moi bó verán! Vémonos na volta familias!
lunes, 29 de julio de 2024
"SUBEN Y BAJAN LAS OLAS"
martes, 23 de julio de 2024
A PRAIA
viernes, 12 de julio de 2024
PROVOCACIÓN CON PEZAS TRASLÚCIDAS.
Seguimos xogando na escuridade, esta vez, con unha provocación pedagóxica organizada con pezas traslúcidas.
Os xoguetes traslúcidos son pezas de diferemtes cores e formas que a luz traspasa creando efectos visuais únicos.
Axudan a desenvolver habilidades sensoriais, cognitivas e motoras mentres exploran e xogan coa luz e as sombras estimulando, tamén, a curiosidade e a creatividade.
viernes, 5 de julio de 2024
XOGAMOS NA ESCURIDADE
Cando comezamos a programacion basada no conto de Hervé Tullet "Colores " pedimos as familias que cada neno e nena trouxera unha pequena lanterna para poder realizar actividades e propostas tan chulas coma esta.
Os xogos con lanterna, na escuridade, son ideais con nenos e nenas. Ofrecen unha motivación para explorar e descubrir o que nos rodea. Nesta ocasión as botellas con auga de cores e o espazo foron os elementos a investigar.
Primeiro usamos as lanternas para iluminar e poder observar todo, despois imos achegándonos e descubrindo que as botellas proxectan a cor no chan, nos teitos e nas paredes. Apilamos, xuntamos, movemos....
A nós a escuridade non nos da ningún medo!
-
Rematando a nosa programación temos estas dúas propostas sorprendentes e divertidas. Na primeira atopamos unha instalación de piezas trasl...
-
Coa eiruga sempre nos divertimos. Nesta ocasión atopamos un circuíto psicomotor con diferentes actividades e materiais, cheo das cores da f...






