viernes, 15 de noviembre de 2024

A BANDEIRA DO OUTONO.

 Cuns paus, lá e cinta de embalar fixemos esta fermosa bandeira que temos agora decorando as nosas aulas. Só tivemos que coller follas e ir pegándoas na cinta! 

Coa mesma técnica fixemos a nosa manualidade. Esta vez rasgando as follas do outono e pegándoas nun círculo, traballando así a motricidade fina.

Agora é un fermoso adorno que levaremos para casiña como recordo.

Así temos decorado o noso rinconciño de outono, xunto a casiña da nosa amiga Nin.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 8 de noviembre de 2024

INSTALACIÓNS DO OUTONO


Mediante as instalacións pedagóxicas invitamos os nenos e nenas a observar, manipular, explorar, experimentar, mover, desfacer e facer, e mil outras accións, coa menor intervención de adultos. 

Mediante o xogo, a nosa mellor ferramenta de aprendizaxe, os peques foron coñecendo, neste caso, elementos do outono.

Paus, follas, cabaciñas, piñas, pequenos cogumelos e moitos outros materiais que estaban dispostos de maneira atractiva visualmente para captar a súa atención e fomentar así a curiosidade por descubrir e interactuar con eles.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




jueves, 7 de noviembre de 2024

UNHA CAIXA SORPRESA!

  A sorpresa é unha invitación a curiosidades e o aprendizaxe. Axúdanos a centrar a atención hacia algo en concreto  e focalizada nos estímulos que lles queremos ofrecer.

Por iso o outro día Nin deixou nas nosas aulas unha caixa preciosa e moi misteriosa.

Era unha caixa do outono na que debíamos meter as mans para ir descubrindo pouco a pouco distintos elementos e froitos do outono.

Así  fumos sacando piñas, castañas, landras, follas...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


miércoles, 30 de octubre de 2024

SAMAÍN 2024!

 Esta semana o Samaín chegou o noso cole!

Temos nas clases os nosos rinconciños decorados, facemos actividades divertidas relacionadas co Samaín e pouco a pouco imos coñecendo as festas tradicionais da nosa contorna cercana.

Bolsas sensoriais, un monstro feito cos nosos pés e convertirnos en fantasmas que dan sustos son algunas das actividades coas que o pasamos pipa esta semana.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 25 de octubre de 2024

AS FOLLAS DO OUTONO

 Coa chegada do outono temos moitos elementos naturais cos que podemos xogar, explorar, manipular...

Un dos que máis nos gustan son as follas das árbores. Normalmente acostumamos a velas polas rúas, tiradas no chan,  pero  o outro día o noso esquío favorito sorprendeunos cunha bolsa chea de follas do outono. 

Puidemos ver, tocar, ulir, lanzar, poñer en distintas partes do corpo pero, sobre ttodo, o que fixemos foi XOGAR!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



domingo, 20 de octubre de 2024

"¡EL OTOÑO YA ESTÁ AQUÍ!" E O ESQUÍO NIN.

Fai uns días que nas aulas de 1 ano temos un novo compañeiro de aventuras: o esquío Nin!  Este simpático esquío trouxo nas súas patiñas o conto  "¡El otoño ya está aquí!", de Albert Asensio, no que é protagonista.

Con este conto presentamos o outono, unha estación chea de elementos naturais cos que imos a xogar, manipular, ulir...

Para comezar démoslle unha gran aperta a Nin! Todos os días o saudamos e facemos con ela a nosa asamblea. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 11 de octubre de 2024

CREANDO NOVOS LECTORES.

 Que importantes son os libros! 

Os primeiros encontros coa lectura deben ser positivos e realizados nunha contorna adecuada e tranquila.

Os nosos peques teñen periodos de atención cortos e con distraccións constantes polo que os contos e libros que se lles ofrecen deben ser curtos e atractivos.

Mediante a manipulación de libros traballamos a atención, a memoria, o vocabulario, valores e habilidades sociales entre outras moitas cousas.

Os contos son unha ferramenta fundamental no inicio da adquisición da linguaxe e por iso están presentes diariamente más nosas aulas.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


GRACIAS