lunes, 23 de mayo de 2022

DÁMOSLLE DE COMER A EIRUGA LARPEIRA.

 Esta eiruga está famenta, quere comer todo o tempo así que non nos quedou máis remedio que darlle moita, moita comida: froita, pasteis, queixo... Esperamos que quedase farta!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


LIMÓN OU LARANXA?

 A Eiruga Larpeira trouxo laranxas e limóns as nosas aulas. Puidemos observar, tocar, ulir e probar cada froita, e a gran maioría ten unha preferida. Sabedes cal é?

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 6 de mayo de 2022

OS MAIOS

 Estes días enchemos de flores o cole, para preparar coa axuda das familias o noso Maio. Pouco a pouco foron chegando tódolos elementos cos que o formamos. Hoxe saímos a velo e a colocar algún elemento máis, antes de ir ao parque, aproveitando  o bo tempo que fai estes días.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


martes, 3 de mayo de 2022

COMEMOS FROITAS COA EIRUGA GLOTONA.

 Chegou as nosas clases unha eiruga moi glotona que come moita, moita froita. Estes días trouxo algúns plátanos e algunhas mazás que puidemos ver, tocar e, por suposto, probar. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


lunes, 25 de abril de 2022

CONTOS.

 Hoxe visitounos no cole a mamá de Enzo Cela para lernos o seu conto preferido, e como non... gustounos un montón. Pasamos un ratiño xenial na súa compañía.




viernes, 22 de abril de 2022

ANIMACIÓN Á LECTURA.

Esta semana fixemos un montón de actividades relacionadas coa  Animación á Lectura.

 Entre outras contacontos, visitas de papis e mamis, un marcapáxinas moi molón, etc.

Aquí vos deixamos un popurrí de fotos para vexades o que desfrutamos desta semana tan chula.


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.

miércoles, 20 de abril de 2022

LEMOS UN CONTO?

Como xa sabedes esta semana estámola dedicando a animación á lectura. Hoxe sorprendeunos a mamá de Mateo con unha visita ao cole para lernos un conto. Gustounos un montón! 





GRACIAS