viernes, 27 de octubre de 2023

FROITOS DO OUTONO

 Seguimos investigando sobre o outono coa axuda do noso esquío Nin. 

Desta volta puidemos manipular froitos do outono. Miramos e collemos landras, castañas, piñas, millo e unha pequena cabaciña e puidemos tocar o ourizo da castaña, con coidadiño para non pincharnos moito.

Grazas as familias que nos achegaron todos estes elementos cos que podemos traballar xogando e manipulando. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 20 de octubre de 2023

FOLLAS DO OUTONO.

 O outono sempre nos ofrece numerosos elementos naturais cos que podemos aprender moitas cousas.

Neste caso tomamos como material as follas, que foron achegando as familias. Este feito convirte esta actividade en algo aínda máis especial posto que as recolleron xunto cos peques e a eles failles ilusión ver que, eso que recolleron, está na clase.

Miramos, tocamos, ulimos... Podemos ver distintas cores, distintos tamaños, distintas texturas... Collemos, lanzamos, poñemos na cabeza...

En resumen, pasámolo xenial!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 13 de octubre de 2023

BOTELLAS SENSORIAIS

 Unha actividade coa que disfrutamos un montón é a das botellas sensoriais.

Son botellas nas que se introducen diferentes tipos de materiais e que fomentan a estimulacion sensorial e a curiosidade. 

Neste caso recurrimos a elementos naturais (pedras, auga, area, conchas, fabas, lentellas...) e outros materiais coloridos ( pompóns, lá, auga de cores...). Movéndoas descubrimos sons, cores, observamos o movemento dos diferentes materiais e falamos moito sobre o que conteñen. Tamén traballamos na capacidade de compartir  e na da espera pero todo mediante o xogo. 

Porque xogando todo se aprende mellor!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 



viernes, 6 de octubre de 2023

POMPAS DE XABÓN

 As pompas de xabón son un dos mellores recursos que podemos utilizar cos nosos peques. Teñen algo que fai que queden pasmados mirando e queiran collelas. Da igual cantas veces lles exploten, siguen a intentalo. 

Sempre que ven o bote botan un gritiño de alegría e póñense en posición de saída para dar caza a cantas pompas se crucen nos seus camiños.

Ademáis con elas podemos traballar vocabulario sinxelo que eles intentan imitar sempre: "pompas", "máis", "outra", "moitas"...

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 




martes, 3 de octubre de 2023

OS CONTOS

 Os contos e libros teñen unha carga importante nas nosas aulas.

Grazas a eles traballamos vocabulario, capacidades de atención e comprensión, a capacidade de esperar o turno e moitos outros conceptos e capacidades.

Estes días aproveitamos para botarlle unha oxeada a algún dos libros grosos que temos na aula. Cada un colleu un e despois fixemos cambio. Cando algo nos chama a atención sinalamos para escoitar, da profe, a palabra correspondente. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 22 de septiembre de 2023

COMEZAMOS CON ILUSIÓN O NOVO CURSO!

 Comezou un novo curso. Volvemos a vernos e a abrazarnos pero tamén coñecemos novas caras.

As aulas reciben os primeiros sorrisos e os primeiros xogos deste novo curso.  Xogamos con xoguetes novos, observamos o novo ambiente e os novos compañeiros, coñecemos tamén as profes. E así, pouco a pouco, van pasando os primeiros días. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 31 de julio de 2023

FESTEXAMOS O FIN DE CURSO!

 Hoxe é un día especial!

Chegamos al final deste curso, cheo de risas, descubrimentos, moito cariño, amizade e mil cousas máis. 

E, como non podía ser doutra maneira,  este é un enorme motivo para festexar. 

Ímonos a botar en falta así que, para despedirnos, desfrutamos a tope dunha pequena festa con música, pompas, un pequeno piscolabis e, sobre todo, moi boa compañía!

As profes amenizaron a festa e pasámolo xenial!

GRAZAS FAMILIAS, POLA VOSA CONFIANZA E CARIÑO. VÉMONOS A VOLTA!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


GRACIAS