Os nenos de 1 ano
lunes, 1 de septiembre de 2025
jueves, 10 de julio de 2025
PEZAS TRASLÚCIDAS E LANTERNAS DE CORES
Rematando a nosa programación temos estas dúas propostas sorprendentes e divertidas.
Na primeira atopamos unha instalación de piezas traslúcidas e, usando as nosas lanternas, fumos pouco a pouco descubrindo cada recuncho. Todo se enchou de cor e luz. Puidemoa atopar pezas imantadas, pezas de madeira e cor, paletas de cores, auga de cores e moitas outras cousas coas que xogamos e inventamos.
Na segunda proposta as nosas lanternas vestíronse con papel celofán e, o prendelas, descubrimos que tiñan cor. Con elas xogamos a alumear a aula de cores, bailamos e conseguimos un ambiente "discotequero"...
Podedes ver como disfrutamos nas fotos que vos deixamos.😊
viernes, 27 de junio de 2025
CUBO DE CORES
Como disfrutamos deste cubo!
Basada no conto de "Colores" de Hervé Tullet, esta instalación, chea de diferentes actividades e cores, tívonos entretidos un bo rato.
Como de costume nestas actividades, nada quedou no seu lugar e incluso a nosa imaxinación atopou actividades e xogos novos co material presentado.
lunes, 23 de junio de 2025
A NOITE MEIGA.
Esta noite é a noite de San Xoán, a noite meiga por excelencia. E para festexalo no cole seguimos unha das súas tradicións... saltar a cacharela!
Pasámolo xenial e, aínda que algúns tocamos o lume non nos queimamos!
Feliz noite de San Xoán!
viernes, 20 de junio de 2025
CREANDO AUGA DE CORES
Esta é unha actividade que nos encanta. Ten todos os elementos que necesitamos para manternos atentos e expectantes.
Comezamos coa presentación de materiais: botellas baleiras, auga, papel crepé (pinocho) distintas cores.
De un en un imos poñendo un pouquiño de auga na botella, despois collimos un trociño de papel e metémolo pola boca da botella ata que cae na auga. O seguirte pasó, e o máis divertido de todos, é sacudir e mover a botella (xa tapada, por suposto)... e así sucede a maxia!
A auga, que antes era transparente, agora ten a cor do papel que metimos na botella!
Con este pequeno experimento conseguimos un material moi chulo co que faremos distintas actividades e que a eles lles encanta xa quearticiparon, de forma activa, na súa "fabricación".
viernes, 13 de junio de 2025
XOGANDO CON LANTERNAS
Comezamos a nosa última programación deste curso collendo como punto de partida o conto "Colores" de Hervé Tullet. Un libro moi divertido, cheo de xogos que nos introduce no mundo das cores, da luz e da arte.
Para comezar a tomar contacto fixemos esta actividade sinxela pero divertida que nos axuda a introducir a escuridade e a ver cómo reaccionan os peques a ela. Nesta ocasión non houbo absolutamente ningún problema e as luces das lanternas movéndose polo espazo fixeron desta unha experiencia enriquecedora e motivadora.
viernes, 6 de junio de 2025
CIRCUÍTO
-
Xa chegou de novo! A nosa Meca, coma sempre, ven mandona. Estes días viñemos ataviados con diferentes accesorios que causaron risas e sorpr...
-
O control do movemento dos dedos, as mans e a coordinación cos ollos son aspectos importantes a traballar dende que somos pequeniños. Activi...
-
Coa eiruga sempre nos divertimos. Nesta ocasión atopamos un circuíto psicomotor con diferentes actividades e materiais, cheo das cores da f...