Dentro da nosa programación sobre a primavera temos esta actividade que se desenrola ó longo de moitos días.
Grazas as nosas familias, que sempre colaboran con nós, e que trouxeron vasiños de plástico transparente, fabas e lentellas puidemos levala a cabo.
Comezamos metendo un pouco de algodón no noso vasiño. O seu tacto, as veces, non nos gusta pero conseguímolo igualmente.
Despois do algodón botamos no vasiño algunhas lentellas e dúas ou tres fabas e, para rematar, un pouquiño de auga.
Poñemos os vasiños diante da fiestra para que lles dé o soliño e despois toca esperar.
Día a día imos vendo como empezan a saír as raíces, medran, comeza a brotar algo verde e, cando nos damos conta, saen follas. E día a día botámoslles auga para que sigan medrando ata que as poidamos levar para casiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario