O outro día as profes trouxeron un novo material moi interesante que nos gustou moito e co cal fixemos unha actividade moi chula. Tratábase dunhas boliñas brancas e suaves coas que xogamos un pouco. ¡Parecía neve! Despois de lanzar as boliñas e desfacer algunha, jejejeje, pegámolas na barriga dun boneco de neve. Podedes ver aquí o ben que o pasamos.
lunes, 24 de enero de 2022
EXPERIMENTANDO CO FRÍO E CO CALOR.
Aquí vos deixamos outra das actividades que realizamos durante a programación do inverno. Trátase de manipular e xogar co frío das bolsas de xeo e o calor das bolsas de auga quente. Neste tempo agradécese o calorciño da bolsa quente pero sen embargo a maioría dos nosos nenos e nenas gustoulles máis a experiencia co frío dos xeos.
martes, 18 de enero de 2022
CHEGOU O INVERNO.
Como xa vos destedes conta chegou o frío e con el o inverno.
Por iso nas aulas estivemos a traballar vocabulario, texturas e psicomotricidade dunha forma moi divertida: con pezas de roupa típicas desta fría estación. Pasámolo moi ben poñendo e sacando gorros, bufandas, luvas...
AS MIÑAS MANS
Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación, diferentes cancións, bolsas ...

-
Xa chegou de novo! A nosa Meca, coma sempre, ven mandona. Estes días viñemos ataviados con diferentes accesorios que causaron risas e sorpr...
-
O control do movemento dos dedos, as mans e a coordinación cos ollos son aspectos importantes a traballar dende que somos pequeniños. Activi...
-
O martes 3 de setembro recibimos nas nosas aulas a os peques que nos van a acompañar durante este novo curso. Comezamos cargados de ilusión...