Como manualidade do entroido este ano fixemos unha coroa moi especial xa que é a nosa personaxe de conto favorita. O Polo Pepe!!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.
Como manualidade do entroido este ano fixemos unha coroa moi especial xa que é a nosa personaxe de conto favorita. O Polo Pepe!!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.
Esta semana desfrutamos do Entroido seguindo as ordes que nos dou a nosa particular Meca.
Foi unha semana de tolos: mandilón do revés, zapatos diferentes, un mandil, roupa escura e por último a nosa festa de disfraces!
Desfrutamos moito desta semana!
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.O día 23 de febreiro festexamos o Día de Rosalía de Castro.
Estivemos a ver un conto que nos prepararon os nenos e nenas de Educación Primaria, bailamos con "Adiós ríos, adiós fontes" e "Rosalía pequeniña" e pegamos gomets nun gran retraro de Rosalía, traballando así a psicomotricidade fina.
Fai unhas semanas que comezamos a traballar coa programación do corpo. Comenzamos pola cabeza e a cara, facendo diferentes actividades que nos axudaron a explorala.
Entre elas deixamos aquí fotos de dúas das que máis desfrutaron e coas que aprendemos moito.
Masaxeamos a cabeza e a cara con pinceis moi suaves e de diferentes tamaños e tamén traballamos coas nosas fotos.
Unha das actividades máis chulas da programación do inverno consiste en facer neve artificial entre todos. Para iso facemos uso duns cueiros vellos e unha pouca auga. Traballamos así a psicomotricidade fina e novas texturas ademáis de pasalo xenial co resultado.
Seguindo coa temática invernal unha das actividades de psicomotricidade que fixemos consistiu en manipular follas de papel de revista facendo bolas de "neve" e rachándoas en anaquiños para lanzar. Para rematar recollemos todos os anacos para que non quede ningún no chan.
Esta actividade gústanos moito e invita a movernos por todo o espazo.
O pasado domingo 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Paz. No cole festexámolo o luns con música e baile.
Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación, diferentes cancións, bolsas ...