Hoxe aproveitamos que veu o bo tempo a acompañarnos para saír ao parque a xogar por primeira vez.
En canto puxemos os pés nel todo foron risas, carreiras e xogos no tobogán e nos cabaliños. Incluso algún se tomou un descanso na mesiña que alí temos.
Hoxe aproveitamos que veu o bo tempo a acompañarnos para saír ao parque a xogar por primeira vez.
En canto puxemos os pés nel todo foron risas, carreiras e xogos no tobogán e nos cabaliños. Incluso algún se tomou un descanso na mesiña que alí temos.
Rematada a semana da prensa no cole fixemos un xornal escolar donde se engloban algunhas das noticias de tódolos cursos do noso centro.
Podedes atopalo no seguinte enlace. Esperamos que vos guste!
Porque todos e todas somos diferentes pero parecidos queremos aportar o noso graniño de area con este sinxelo pero bonito xesto, calcetíns diferentes.
Hoxe na escola tivemos unha bonita festa para festxar o San Xosé, patrón do noso cole.
Xogamos con globos, bailamos e tivemos unha merenda especial coa que disfrutamos moito.
O xoves e o venres da pasada semana, seguindo coa Semana da Prensa, fixemos dúas actividades que nos gustaron moito.
Atopamos a alfombra da aula chea de follas de xornal, entre elas había imaxes de animais que descubrimos pouco a pouco.
Na sesión de psicomotricidade tocou recoller, pegar, despegar e lanzar bolas de papel reciclado das outras actividades.
O martes e o mércores da semana pasada estivemos facendo actividades plásticas.
Pintamos papel de xornal para despois facer un gorro moi chulo e rachamos e pegamos, entre todos, papel nun gran debuxo dun xornal.
Para ver máis fotos pinchade na imaxe.Esta semana adicámola a prensa. Preparamos un montón de actividades relacionadas cos xornais e as revistas.
Aquí podedes ver tódalas actividades que fixemos.
Instalación de papeis.
O luns atopámonos no cuberto unha instalacíon de papel de xornal con diferentes formatos de papel (bolas, follas, triturado...) Pasámolo moi ben xogando e manipulando todo o que había.
Xa estamos rematando o Entroido, danos moita pena porque foron días de moita festa pero para acabar de forma divertida collemos as maracas e psasámolo xenial movéndoas por toda a aula mentras soaba de fondo "las maracas arriba", "carnaval, carnaval" e "la vida es un carnaval". As fotos están un pouco movidas porque non tivemos un momento de parada ata acabar a actividade pero esperamos que vos gusten moito.
Xa metidos de cheo nos festexos do Entroido atopámonos no cuberto unha sorpresa. As profes prepararon unha provocación de Entroido súper chula e chea de cor. Así incitáronnos a manipular e xogar con tódolos elementos dispoñibles na instalación (sombreiros, faldas, confeti, serpentinas...)
Mirade que ben o pasamos!!
Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación, diferentes cancións, bolsas ...