lunes, 23 de mayo de 2022

DÁMOSLLE DE COMER A EIRUGA LARPEIRA.

 Esta eiruga está famenta, quere comer todo o tempo así que non nos quedou máis remedio que darlle moita, moita comida: froita, pasteis, queixo... Esperamos que quedase farta!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


LIMÓN OU LARANXA?

 A Eiruga Larpeira trouxo laranxas e limóns as nosas aulas. Puidemos observar, tocar, ulir e probar cada froita, e a gran maioría ten unha preferida. Sabedes cal é?

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


viernes, 6 de mayo de 2022

OS MAIOS

 Estes días enchemos de flores o cole, para preparar coa axuda das familias o noso Maio. Pouco a pouco foron chegando tódolos elementos cos que o formamos. Hoxe saímos a velo e a colocar algún elemento máis, antes de ir ao parque, aproveitando  o bo tempo que fai estes días.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


martes, 3 de mayo de 2022

COMEMOS FROITAS COA EIRUGA GLOTONA.

 Chegou as nosas clases unha eiruga moi glotona que come moita, moita froita. Estes días trouxo algúns plátanos e algunhas mazás que puidemos ver, tocar e, por suposto, probar. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


CIRCUÍTO

Coa eiruga sempre nos divertimos.  Nesta ocasión atopamos un circuíto psicomotor con diferentes actividades e materiais, cheo das cores da f...