Hoxe vivimos no cole un día especial. Tivemos a nosa Festa de fin de ano.
Campanadas con gusanitos, solta de globos, música e baile!
Foi moi divertida!
FELIZ ANO NOVO!!!!
Hoxe vivimos no cole un día especial. Tivemos a nosa Festa de fin de ano.
Campanadas con gusanitos, solta de globos, música e baile!
Foi moi divertida!
FELIZ ANO NOVO!!!!
No Nadal un elemento típico que temos en case tódalas casas son os catálogos ou revistas de xoguetes.
Chaman moito a atención dos nenos e nenas polo seu contido variado e o seu colorido. Aproveitamos este recurso tan sinxelo para traballar o vocabulario e a psicomotricidade fina dunha forma lúdica.
Primeiro miramos os catálogos, sinalamos o que nos chama a atención e nomeamos, na medida do posible, o que vemos. Nunca un catálogo termina intacto polo que aproveitamos a rotura dalgunha páxina para facer trociños de papel , incentivando así o movemento da pinza nos dedos.
E despois toca a parte máis divertida desta actividade. Lanzamos os papeis polo aire, intentamos atrapalos e xogamos con eles ata fartarnos. Pero despois temos que recoller, eh!
Nestes días estamos a escoitar moitas panxoliñas no cole, nas rúas e nas tendas.
A nós esto de facer ruído gústanos moito polo que cando nos toca tocar instrumentos pasámolo xenial.
Desta volta intentamos seguir o ritmo do "Burrito sabanero" e, aínda que nos costou, algo conseguimos facer.
Do que non cabe duda é do moito que disfrutamos!
Unha das actividades da nosa programación de Nadal é a provocación pedagóxica con elementos e adornos típicos do Nadal.
Xogan e manipulan libremente, fan trasvases, lanzan bolas, miran as luces e ata se "disfrazan". Falan entre eles, ensinan aos compañeiros e as profes todo o que atopan... pero o máis importante é que o disfrutan moito. Non queda nada no lugar no que estaba!
Hoxe foi un día moi especial no cole.
Veu a visitarnos o Rei Gaspar que trouxo con el un agasallo para todos.
Nesta época estamos a traballar o Nadal nas nosas aulas. Facemos diferentes actividades para que os pequenos e pequenas coñezan esta festa. Unha delas é xogar a pegar e despegar elementos do Nadal dunha lámina.
Traballamos así vocabulario, psicomotricidade fina e ademáis a capacidade de asociar imaxes.
Traballando co tema da granxa as familias fixeron o favor de mandarnos fotiños dos animais que teñen máis preto os nosos nenos e nenas.
A eles fíxolles moita ilusión ver aos seus amigos peludos e aos animais dos avós, padriños, tíos...
Agora témolos expostos nas aulas para poder velos cada vez que queiramos.
Estes días estivemos a traballar cos amiguiños do Polo Pepe.
Para telos presentes na nosa aula fixemos entre todos un mural que teremos exposto a altura dos ollos para poder velo e tocalo cando nos apeteza. Tamén fixemos puzzles da granxa.
Traballamos así conceptos e vocabulario, ademáis da psicomotricidade fina.
Durante a pasada semana estivemos coñecendo as nosas mans. Fixemos diferentes actividades como a observación, diferentes cancións, bolsas ...