viernes, 30 de diciembre de 2022

OS CATÁLOGOS DAN MOITO XOGO.

 No Nadal un elemento típico que temos en case tódalas casas son os catálogos ou revistas de xoguetes.

Chaman moito a atención dos nenos e nenas polo seu contido variado e o seu colorido. Aproveitamos este recurso tan sinxelo para traballar o vocabulario e a psicomotricidade fina dunha forma lúdica.

Primeiro miramos os catálogos, sinalamos o que nos chama a atención e nomeamos, na medida do  posible, o que vemos. Nunca un catálogo termina intacto polo que aproveitamos a rotura dalgunha páxina para facer trociños de papel , incentivando así o movemento da pinza nos dedos.

E despois toca a parte máis divertida desta actividade. Lanzamos os papeis polo aire, intentamos atrapalos e xogamos con eles ata fartarnos. Pero despois temos que recoller, eh!


Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VISITAS LECTORAS.

Estes días estamos a recibir unhas visitas moi especiais no cole.  Dentro das actividades da Semana de animación á lectura as familias tende...