martes, 28 de marzo de 2023

OS MEUS PÉS.

 Esta semana estivo adicada a unha parte moi importante do noso corpo, os nosos pés.

Cada día tivemos unha actividade relacionada  con eles e pasamos moito, moito tempo cos pés descalzos, o cal nos fixo moita gracia o principio.

Estivemos a velos e tocalos,  pasamos unha alfombra sensorial, puxemos a nosa pegada para facer unha manualidade e fixemos "masaxes" cheos de cóxegas...

Os pés lévannos a moitos lugares, teñen unha gran cantidade de terminacións nerviosas que nos dan moita información e con eles podemos camiñar, correr, saltar, etc. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS MEUS PÉS

Quitar zapatos e calcetíns é un dos mellores pasatempos que coñecemos, por iso en canto as mestras quitaron os seus zapatos soubemos que esa...