viernes, 21 de julio de 2023

CARREIRAS, BAILE E FESTA CON CINTAS DE CORES

 Cando fixemos a instalación de "Colores" quedaron moitas cintas de cores en bo estado e que se podían reutilizar. As profes tardaron nunha bolsiña todas coa idea de usa las nestes días de verán. Cuberto, cintas e música fan un bo tándem para pasalo ben! Primeiro carreiras. Movendo as cintas, vendo como ondean... Despois baile...

 E para o día seguinte transformamos as cintas en trociños de papel para facer unha festa! Recollemos moitos papeis coas mans e... Un, dous tres! Arriba! Que risas cando nos caen pola cabeza. Despois axudámonos cun vaso... Un, dous, tres! Outra vez voan papeis! E cun tubo de cartón facemos un cañón! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

PEZAS TRASLÚCIDAS E LANTERNAS DE CORES

 Rematando a nosa programación temos estas dúas propostas sorprendentes e divertidas.  Na primeira atopamos unha instalación de piezas trasl...