viernes, 28 de julio de 2023

PEIXIÑOS DE CORES.

 Entre todas as botellas sensoriais do verán temos unha especial. 

Ten uns pequenos peixiños nadando nunha auga azul. Os peixes suben e baixan así como imos movendo a botella. 

E como nos gusta moito fixemos a nosa versión mini. Botamos unha gotiña de colorante na auga e axitamos ben a botella para que toda a auga quede tinguida. Despois metemos os nosos peixiños polo burato da botella. Temos que estar atentos para que entren!

Cando acabamos, pechamos ben a botella e... xa temos unha fermosa peixeira! 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÁMOSLLE DE COMER A EIRUGA

 Sabemos que a eiruga necesita comer moito para medrar forte. Con moito tino imos recollendo os alimentos e meténdollos na boca e mentres o ...