viernes, 24 de noviembre de 2023

GRANDE OU PEQUENO?

 O Polo Pepe é grande, moi grande, ou iso parece porque cando nos poñemos a comparar resulta que aínda hai cousas máis grandes!

O outro día chegou a clase acompañado de dúas pelotas. As dúas parecían moi grandes pero, cando as puxemos a carón de Pepe, puidemos ver que unha era enorme e a outra máis pequena do que parecía. 

Con semellantes pelotas a diversión e o movemento está asegurado!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 20 de noviembre de 2023

DÍA DO NENO

 Hoxe festexamos o Día do Neno.  

Tódolos nenos e nenas teñen dereito a ter unha familia que os queira e os coide, que os arrope pola noite cando se van a durmir.

Por iso hoxe viñemos en pixama.  Quedamos moi sorprendidos de ver a todos e todas en pixama, sobre todo as profes!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 17 de noviembre de 2023

O POLO PEPE

 Estes días a Nin acompáñao un amigo moi especial do que estamos todos namorados e namoradas. Nada máis e nada menos que o Polo Pepe! 

Veu para axudarnos a coñecer a granxa e os seus habitantes. Para comezar presentouse en persoa co seu conto e, coma sempre, deixounos cun sorriso enorme na cara.

Dende a súa canción ata pintar pequenos poliños, todo o que facemos con el é divertidísimo.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 13 de noviembre de 2023

A CASIÑA DE NIN E A NOSA PORTA

 O esquío Nin é quen nos introduce nas actividades adicadas a esta estación. 

Para agradecerllo adicamos un ratiño a pintar algunhas follas, castañas e landras coas que decoramos a súa casiña e a porta da nosa aula, na que puxemos unha árbore pintada por nós. 

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


lunes, 6 de noviembre de 2023

PROVOCACIÓN DE OUTONO.

 Como xa sabedes o outono ofrécenos moitos materiais naturais cos que podemos traballar dende distintos ámbitos. 

Unha actividade que nos encanta son as provocacións. Son actividades de xogo libre no que presentamos , dunha forma atractiva visualmente, aquelo co que queremos traballar, neste caso os elementos do outono que nos trouxeron as familias.

Tocamos, ulimos, facemos trasvases, enchemos e baleiramos... e moitas outras cousas, mentres estamos en movemento libre.

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


viernes, 3 de noviembre de 2023

O Samaín

 Aínda que somos pequenos sabemos disfrutar das festas populares. 

Polo Samaín decoramos un rincón da aula con morcegos, bruxas e algún monstruo dos que dan pouco medo. Ademáis fixemos, para ter un recordo, unha fantasma coa pegada dos nosos pés. Por último con panos e sábanas xogamos a ser fantasma. Moito medo non damos pero botamos unhas boas risas!

Para ver máis fotos pinchade na imaxe. 


CIRCUÍTO

Coa eiruga sempre nos divertimos.  Nesta ocasión atopamos un circuíto psicomotor con diferentes actividades e materiais, cheo das cores da f...